Programa de actividades adultos marzo-xuño 2019

Publicado el

Xa está lista a programación de actividades para adultos para os vindeiros meses da Biblioteca da Deputación.

Podes ver o programa completo aquí: Actividades adultos primavera 2019

 

Para as actividades con reserva de praza, por favor ler con atención o seguinte:

Para reservar praza terán preferencia os socios.

Presentarse co carné da Biblioteca  ás 10:30 h (“Club de poesía” o día 1 de marzo e “Inglés” o 7 de marzo).

Para a inscrición respectarase a orde de chegada.

Reservaranse prazas para facer a reserva por teléfono chamando ao 981 080 171 a partir das 11:30 h do mesmo día da inscrición.

Reservarase unha praza por persoa.

Os cursos son totalmente gratuitos.

Todas as persoas que falten máis de dúas veces quedarán excluídas da actividade.

 

 

TALLER DE LITERATURA

Impartido por Patricia Cernadas

DÍAS: os luns, martes, mércores e xoves

HORARIO: de 17:00 a 19:00 h

Data de comezo a semana do 11 de marzo

Continuidade da actividade. LISTAS ABERTAS

 

 

CLUB DE POESÍA: “Catro poetas magas: influencia das Vangardas na poesia galega”

Impartido por Xoán Abeleira

12 sesións

Os xoves de marzo a maio de 2019

Data de comezo: xoves 7 de marzo

HORARIO: de 19:00 a 20:30 h

RESERVAR PRAZA O 1 DE MARZO ÁS 10:30 h

 

 

VÉRTICE DE VERSOS: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL E COLOQUIO-RECITAL

Proxección dunha longametraxe documental a cargo do seu director e produtor Carlos Lorenzo que fai un repaso sobre a vitalidade da poesía galega dos últimos 25 anos e recital poético a cargo de Yolanda Castaño e Emma Pedreira.

DÍA: 26 de marzo

HORARIO: de 17:00 a 19:00 h

Sala Manuel López

Entrada libre

 

CURSOS DE INGLÉS

Impartidos por Elisabeth Hamer

Duración: 12 sesións de marzo a xuño de 2019

 

NIVEL BÁSICO

Orientado a persoas que teñen un coñecemento moi básico do  idioma. (20 prazas)

DÍA: os martes de 10:30 a 11:45 h

Data de comezo: 12 de marzo

 

NIVEL MEDIO I

Dirixido a persoas que xa teñen  un coñecemento básico da lingua e queren mellorar a súa comprensión oral e escrita. (20 prazas)

DÍA: os martes de 12:00 a 13:15 h

Data de comezo: 12 de marzo

 

NIVEL MEDIO II

Enfocado a persoas que teñen unha boa gramática e queren mellorar a súa comprensión oral. (20 prazas)

DÍA: os martes de 19:15 a 20:30 h

Data de comezo: 12 de marzo

 

NIVEL AVANZADO

Dirixido a persoas que teñen un dominio da gramática, un léxico rico e poden manter unha conversa en inglés. (20 prazas)

DÍA: os luns de 20:15 a 21:30 h

Data de comezo: 11 de marzo

 

RESERVAR PRAZA O 7 DE MARZO ÁS 10:30 h

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *