É obrigatorio solicitar cita previa premendo aquí: https://www.dacoruna.gal/cita-previa
Vídeo ilustrativo sobre como solicitala:
Obrigatorio solicitar cita previa para os seguintes trámites:
- Préstamo para maiores de 18 anos
- Carné novo lector para maiores de 18 anos
- Información e consultas sobre EbiblioDaCoruna (bibioteca dixital e club de lectura dixital)
- Información e consultas bibliográficas maiores de 18 anos
- Consultas Hemeroteca
- Investigadores fondos especiais
- Préstamo para menores de 18 anos
- Carné novo lector para menores de 18 anos
- Información e consultas menores de 18 anos
Procedemento:
1- Accede a https://www.dacoruna.gal/cita-previa
2- Preme en «Acceso Servizo Cita Previa»
3- No despregable de «Oficina», selecciona «Biblioteca Provincial»
4- No despregable de «Trámite», selecciona o motivo polo que queres acudir á Biblioteca
5- A continuación elixe o día e hora que prefiras sempre que esté libre.
6- Enche o formulario cos teus datos. No campo «Comentarios» indica os títulos dos libros coas signaturas.
7- Chegarache unha confirmación da túa cita por SMS ao móbil, ou unha mensaxe ao teu correo electrónico.
Se queres anular ou cambiar a túa cita, na pantalla de selección do despregable «Oficina» preme en «Comprobar, modificar ou anular a cita».
Se tes dúbidas, escríbenos a biblioteca.info@dacoruna.gal