EBook Dicoruna

eBook DiCoruña

EBook Dicoruna é a plataforma que pon á vosa disposición a colección de libros electrónicos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e para todos os usuarios das bibliotecas municipais da provincia.

Deste xeito, posibilítase o préstamo das principais novidades editoriais en formato dixital, e de forma gratuíta, para a lectura a través de teléfonos intelixentes, tabletas, lectores de libros electrónicos ou computadores.

Como inscribirse en EBOOK DICORUNA

Para gozar de eBook Dicoruna é necesario:

  • Ser usuario rexistrado da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña ou de calquera outra das bibliotecas públicas da provincia da Coruña.
  • Ter, polo menos, quince anos de idade.
  • Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
  • Solicitar a inscrición en eBook Dicoruna acudindo á Biblioteca provincial ou á biblioteca da provincia da Coruña na que estea inscrito.

Unha vez inscrito recibirá unha mensaxe de correo electrónico para establecer o seu contrasinal e, a partir dese instante, poderá gozar da totalidade dos servizos que ofrece eBook Dicoruna.

Como tomar ebooks en préstamo

Poderá consultar o catálogo completo de eBook Dicoruna no enderezo  http://ebook.dicoruna.es

Se xa é usuario rexistrado de eBook Dicoruna e iniciou sesión, ao pulsar o botón “tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do seu interese, estes quedarán automaticamente prestados ao seu nome e estarán á súa disposición durante un total de 21 días.

Pola contra, se o ebook do seu interese xa está prestado a outro lector, poderá reservalo. Cando o libro estea dispoñible para vostede, recibirá unha mensaxe de correo electrónico de eBook Dicoruna cunha ligazón para activar o préstamo.

Poderá tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks simultaneamente e reservar o mesmo número de ebooks.

Para máis información, consulte a axuda e as normas de préstamo.

Como ler os ebooks

Se dispón dun smartphone ou tableta dos sistemas Apple ou Android, poderá descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na súa biblioteca, sen necesidade de transferilos.

  • A aplicación eBook Dicoruna para Apple, require Apple iOS versión 6 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta na App Store (iTunes).
  • A aplicación eBook Dicoruna para Android, require Android versión 4.0.3 ou superior e está dispoñible para descarga gratuíta en Google Play.

É posible ler os seus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do seu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos

Para iso, só é necesario iniciar sesión http://ebook.dicoruna.es e na pestana “Meus libros” do espazo “A miña conta” pulsar sobre o botón “Ler” que aparece xunto a cada un dos ebooks en préstamo.

Se o prefire, poderá descargar os ebooks ao seu ordenador persoal (PC ou Mac) e lelos nel a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, ou ben transferilos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM (tabletas, smartphones, eReaders, etc.) tamén a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID. Poderá acceder, descargar ou transferir os seus ebooks ata en seis dispositivos distintos usando a mesma conta Adobe ID.

Non obstante, ocasionalmente, e en función das condicións establecidas polos editores, poderán encontrarse ebooks dispoñibles exclusivamente para aplicacións de lectura (Apple ou Android) e libros dispoñibles para descarga sen protección DRM.

Para máis información, consulte a axuda e os requisitos técnicos.

Normas de préstamo

Préstamo

É posible tomar ebooks en préstamo independentemente do número de exemplares en préstamo noutros soportes na Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña

  • Pode tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks de forma simultánea.
  • O prazo de préstamo será de 21 días, sen posibilidade de renovación.

Devolución

  • Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o ebook deixará de ser accesible dende os seus dispositivos.
    Non poderá renovar en préstamo o mesmo título ata que transcorran 48 horas dende a devolución.
    É posible devolver préstamos antes da data prevista sempre que:

    • Non descargase o ebook mediante Adobe Digital Editions.
    • Non efectuase máis de dúas devolucións anticipadas nos últimos 21 días.

Reserva

Se o título do seu interese está prestado, poderá reservalo para gozar del cando estea dispoñible:

  • Seguirase a orde de petición para as reservas.
  • É posible reservar ata un máximo de dous ebooks de forma simultánea.
  • Os ebooks admitirán un máximo de cinco reservas por exemplar.
  • No momento en que o ebook estea dispoñible e lle corresponda por orde de petición, recibirá unha mensaxe de correo electrónico cun enlace para confirmar o préstamo: Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, podería perder a súa reserva.
    • Disporá de 48 horas para confirmar o préstamo, transcorridas as cales sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.
    • En caso de que no momento de activarse a reserva tivese en préstamo o número máximo de ebooks por lector, non recibirá mensaxe de aviso e a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.

Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, podería perder a súa reserva.

Como se fan os préstamos de libros electrónicos

Requisitos previos

Para gozar de eBook Dicoruna é necesario:

  • Ser usuario rexistrado na Biblioteca da Deputación da Coruña.
  • Ter, polo menos, quince anos de idade.
  • Ter un dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
  • Solicitar a inscrición en eBook Dicoruna na Biblioteca da Deputación da Coruña.

Inicio de sesión

Desde o voso computador persoal (PC ou Mac) ou dispositivo móbil (teléfono, tableta, etc.), podedes conectar con http://ebook.dicoruna.es

Unha vez dentro da páxina premede inicia sesión e introducide os vosos datos de acceso:

  • Dirección electrónica
  • Código de acceso a eBook Dicoruna que recibiría por correo electrónico ao darse de alta no servizo.

Consulta do catálogo

En http://ebook.dicoruna.es pode navegar pola oferta de libros electrónicos que eBook Dicoruna pon á súa disposición.

Na páxina inicial atopará unha selección dos libros recomendados e as últimas novidades, xunto cun menú coas categorías principais do catálogo.

Ademais, pode buscar títulos de libros electrónicos concretos, xa sexa por título ou por autor.

Préstamo

Pode consultar o catálogo completo de eBook Dicoruna no enderezo  http://ebook.dicoruna.es

Unha vez localizado no catálogo un título, preme sobre a imaxe da portada ou sobre o título para acceder á ficha do libro.

Nesta atopase tamén información sobre a dispoñibilidade do libro, con diferentes opcións:

  • Dispoñibilidade INMEDIATA

Xa podedes iniciar a sesión de lectura.

  • Dispoñibilidade BAIXO RESERVA

O libro non está dispoñible porque o le outro usuario. Se aínda así o queredes pedir en préstamo, tedes a opción de reservalo para cando estea dispoñible. Cando o libro electrónico quede libre recibiredes unha mensaxe no voso correo electrónico. A partir deste momento dispoñedes de 48 horas para aceptar o préstamo.

Tedes que ter en conta que o libro pode estar á vez reservado por varios usuarios; nese caso o sistema indicaravos o tempo de espera aproximado en función dos usuarios en listaxe de agarda e das datas de devolución.

  • NON dispoñible para o préstamo

O libro superou o número máximo de reservas e non admite máis préstamos.

Se o libro está dispoñible premede no botón coller en préstamo, que aparece xunto a cada libro electrónico; este quedará automaticamente prestado ao voso nome e poderedes gozar durante un total de 21 días.

Pódense coller en préstamo un máximo de dous libros electrónicos simultaneamente e pódense reservar o mesmo número.

 

GUÍA DE USO

DIPTICO DE USO