Préstamo dixital

EBIBLIODACORUNA é a plataforma  gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servicio para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña.

Unha biblioteca dixital gratuita que podes levar contigo nun só click e sen ter que desprazarte á biblioteca. Se aínda non a usas, podes darte de alta aquí mesmo:

          DATE DE ALTA

 

Funcionamento do préstamo de contidos dixitais

 

Para localizar os recursos do meu interese no catálogo  podo buscar os materiais nos carruseis, por materias ( no menú desplegable)   ou no buscardor que permite a búsqueda por título, autor, ISBN ou ben mediante filtros de temáticas especiais.

 

Para acceder ó servizo tes que introducir o usuario e o contrasinal facilitados, ou acceder á aplicación no teu dispositivo móbil.

Préstamo

É posible tomar ebooks en préstamo independentemente do número de exemplares en préstamo noutros soportes na Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña

  • Pode tomar en préstamo ata un máximo de cinco contidos dixitais de forma simultánea.
  • O prazo de préstamo depende do material do que estamos facendo uso.  Para os libros dixitais o prazo máximo é de 21 días, as revistas 1 días, as películas 3 días, os xornais 2 horas, os audios e contido educativo  21 días sen posibilidade de renovación.

Devolución

  • Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o contido deixará de ser accesible dende os seus dispositivos.
    Non poderá renovar en préstamo o mesmo título ata que transcorra 1 día dende a devolución.
    É posible devolver préstamos antes da data prevista sempre que:

    • Non descargase o ebook mediante Adobe Digital Editions.
    • Non efectuase máis de dúas devolucións anticipadas nos últimos 21 días.

Reserva

Se o título do seu interese está prestado, poderá reservalo para gozar del cando estea dispoñible:

  • Seguirase a orde de petición para as reservas.
  • É posible reservar ata un máximo de dous conidos dixitais de forma simultánea.
  • Os contidos dixitais admitiren un máximo de cinco reservas por exemplar.
  • No momento en que o contido dixital estea dispoñible e lle corresponda por orde de petición, recibirá unha mensaxe de correo electrónico cun enlace para confirmar o préstamo: Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, podería perder a súa reserva.
    • Disporá de 48 horas para confirmar o préstamo, transcorridas as cales sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.
    • En caso de que no momento de activarse a reserva tivese en préstamo o número máximo de ebooks por lector, non recibirá mensaxe de aviso e a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.

Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erróneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, podería perder a súa reserva.

Se precisas máis axuda  podes clikear no seguinte enlace: http://www.tuodilotk.es/ayuda/odilotk/otk_es/introduccion.htm

DÍPTICO INFORMATIVO:

EbibliodaCoruna Biblioteca da Deputacion da Coruna

MANUAL DE USO:

Guia plataforma electronica EBIBLIODACORUNA galego