Presentación do Libro «Luns» de Eli Ríos

Publicado el
Presentación de «Luns» de Eli Ríos

Día: 13 de setembro 

Hora: 19:30 horas

Lugar: Sala Manuel López, Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

A Deputación da Coruña e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro

«Luns» de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016.

Acompañarán á autora Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e Manuel Bragado, director de Xerais.

 

 

Luns relata a vida dunha muller, «vista cunha perspectiva de muller», na que a protagonista asume a súa propia voz en primeira persoa, sen estar suxeita ou supeditada a unha narración omnisciente. Esta voz exprésase a través de dúas vías: primeiro, unha corrente de consciencia, «que deixa ir sen orde os pensamentos, xa que non teñen principio, medio e final», e segundo, unha serie de diálogos intercalados con diferentes personaxes, que todos eles achegan algo á protagonista.

Unha situación vital como a que centra Luns pode ter un remate optimista ou desacougante. Ríos cre que a súa novela participa do primeiro. A escritora describe a súa obra como «visceral, que aspira a remoer as entrañas e mover á acción» e que polo tanto ten unha conclusión positiva. «A idea é que a historia viva máis alá do libro, e que ao remate da derradeira liña non se peche sen máis», senón que actúe como un elemento incitador.

Ríos convértese deste xeito na primeira gañadora do premio Torrente dende que a Deputación da Coruña cambiou a organización do galardón, pasando dunha única convocatoria, aberta a manuscritos en galego e castelán, a dúas separadas para cada lingua. O fallo da modalidade en castelán está previsto para o vindeiro día 20. A escritora cre que esta decisión é axeitada. «Hai que destacar o traballo da deputación porque dá visibilidade ao galego, rescatando as novelas en galego que se presentaban a este premio», gaba a gañadora. Fonte [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2016/12/14/span-langgleli-rios-gana-premio-torrente-galego-coa-novela-lunsspan/0003_201612G14P40991.htm]

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *