Premios HoxeEscriboEn 2021

Publicado el

Onte día 23 de setembro ás 12:00 h reuniuse o xurado do 9º concurso HoxeEscriboEn 2021, o concurso de relatos e fotografías dos concellos da provincia da Coruña que tivo lugar entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.

 

Os relatos premiados son:

1º Premio: «As pedras do Xalo», de Verónica Eva Pérez Calvo, referido ao Concello de Culleredo: As Pedras do Xalo. Verónica Eva Pérez Calvo

 

2º Premio: «Noite na casa grande de Cabanas», de Chus Galego, referido ao Concello de Cabanas: Noite na Casa Grande de Cabanas. Chus Galego

 

3º Premio: «El Nordés y la ciudad», de María Teresa Moreno Pena, referido ao Concello da Coruña: El Nordés y la ciudad. María Teresa Moreno Pena

 

Parabéns ás persoas gañadoras!

Queremos enviar un agradecemento especial a todas as persoas participantes, polo esforzo de relatar o singular que é o seu Concello, relacionalo coa literatura, extraer o mellor ou máis destacado de cada un, e en definitiva promocionar A Coruña, Cabanas, Cambre, Malpica, Culleredo, Vimianzo, Ferrol, Betanzos, Narón, Ponteceso, Oza-Cesuras, Cedeira… Noraboa polo resultado! En breve chegará un agradecemento da Biblioteca e de Turismo da Deputación a todas as persoas participantes.

O  mércores 29 de setembro ás 13:30 h foi  o acto de entrega dos premios na Biblioteca Provincial:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *