Premios Gala do Libro Galego 2020

Publicado el

Nota: Información extraída da web da Asociación Galega de Editoras.

 

A Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), coa coordinación xeral da primeira entidade nesta edición, convocan a quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2019 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, polo tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

A Gala do Libro Galego conta co apoio de CEDRO, da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.

A Gala do Libro Galego tiña prevista a súa celebración o 9 de maio de 2020 e a organización do evento decidiu manter as deliberacións do xurado e dar a coñecer os libros gañadores ese mesmo día e adiar a Gala para o sábado 21 de novembro, ás 12:00, en formato virtual desde a canle de Youtube da Gala.

 

A continuación difundimos os libros galardoados, e tamén os finalistas, e indicamos os que están dispoñibles na Biblioteca.

 

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2019

Ensaio e investigación

– Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura GAL/17200 (Sala 1)

Un ensaio literario coa vocación de dar a coñecer os procesos da literatura, escrito desde a lectura e sen renunciar ao exercicio da divulgación do oficio da literatura e das maneiras de ler.

 

Divulgación

– A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)

O xurado destacou desta obra que explica dun xeito sinxelo e ameno todas as singularidades do cerebro. É un libro que responde á demanda de contar con máis libros de divulgación científica ben editados, ilustrados e en galego, que estean, como este, dirixido a un público moi amplo en idade e intereses.

 

Narrativa

– Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)

O xurado valorou o exercicio da memoria persoal e familiar e a proxección universal da mesma para compoñer un mosaico que se volve innovación estrutural e que o/a lector/a ten que recompor, así como o uso da oralidade na escrita.

 

Infantil

– A tartaruga Amodovou, de Paula Carballeira (Oqueleo)

O xurado salientou a recuperación dun estilo clásico para un xeito innovador na literatura infantil, no que salienta unha riqueza léxica e un xeito de narrar sen convencións que resulta atraínte e singular.

 

Xuvenil

– Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura N PED cor / m (Biblioteca Infantil e Xuvenil) e na EbiblioDaCoruna.

O xurado considerou que era unha narración poderosa, que sobarda o xénero xuvenil. Incorpora moitos referentes femininos para formar con eles un corpo literario que fai rede con escritoras universais. A perspectiva da muller combina na obra cun manexo da forma narrativa.

 

Libro ilustrado

– Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)

O xurado destacou a conxunción e harmonía neste libro entre ilustración e texto, unha combinación na que tanto o texto como a imaxe van máis alá de ser complementarios, o que o converte nun libro cunha formulación novidosa.

 

Libro de banda deseñada

– A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)

Escollida por ser unha obra de autor que conta unha historia desacougante, dramática e desconcertante, con paisaxes que semellan pinturas e narración visual potente que combina a imaxe e a mensaxe.

 

Iniciativa bibliográfica

– Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago). Dispoñible coa sinatura GAL/17299.

Para o xurado é unha obra monumental, amplisimamente documentada e que responde ao traballo dunha vida de investigación, ademais de ser o inicio dun conxunto de tomos imprescindible para a historia de Galicia.

 

Tradución

– Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editorial)

O xurado destacou o valor de ser unha tradución que traslada á perfección a lingua do clásico orixinal e que conserva a forza da historia e o ritmo narrativa da novela, recuperando para o galego a forza dos clásicos universais.

 

Poesía

– Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17266

Destacouse a combinación de situacións vitais da autora, a súa circunstancia e o seu territorio xera neste libro unha serie de imaxe poéticas con moita tenrura e forza, ligadas a unha traxectoria coherente que volve sobre o telúrico, que mantén o pouso literario e incorpora elementos novidosos como a música sen apartarse do seu mundo habitual.

 

Teatro

– Citizen, do Grupo Chévere (Kalandraka Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17375

O xurado valorou que unha obra que marcou un antes e un despois nos escenarios galegos teña continuidade nun libro que, como obra escénica, conta unha historia contemporánea sobre a Galicia actual.

 

Libro mellor editado

– Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17512

Salienta a edición delicada, o emprego e combinación dos materiais e as ilustracións de Anxo Pastor.

 

PREMIOS A TRAXECTORIAS

 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

– Libraría Chan da Pólvora

Polo ímprobo labor que realizou a favor da poesía e da lectura, convértendose nunha libraría referente en Galicia e nun foco de dinamización arredor da poesía.

 

Proxecto literario na rede

– Kalandraka TV

O xurado valorou a promoción da lectura que realiza esta canle, especialmente nos ámbitos da lectura infantil e xuvenil, con contidos audiovisuais adaptados aos gustos das/os lectores/as máis novos/as.

 

Xornalismo cultural

– María Yáñez

O xurado recoñeceu a traxectoria de compromiso coas novas formas de contar e co uso das ferramentas de comunicación, sumando a tradición xornalística cos medios e plataformas para contalas, e sen deixar de lado os formatos da cultura popular.

 

 

 


 

FINALISTAS

 

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2019

 

Ensaio e investigación

– Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago).Dispoñible coa sinatura GAL/17299.
– Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura GAL/17200 (Sala 1)
– Educar a través da arte. Cara a unha escola imaxinada, de Vicente Blanco, Salvador Cidrás e Rocío Modia (Kalandraka Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17475

 

Divulgación

– A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)
– Ferreñas e Rock and Roll, de Laura Romero e Iria Pedreira (Baía Edicións)
– Guadi Galego, pola beira da canción, de Pepe Cunha (Edicións Embora)

 

Narrativa

– Carrusel, de Berta Dávila (Editorial Galaxia). Dispoñible coa sinatura GAL/17434
– Infamia, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura GAL/17316 e na EbiblioDaCoruna
– Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible na EbiblioDaCoruna
– Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)

 

Infantil

– A tartaruga Amodovou, de Paula Carballeira (Oqueleo)
– Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro (Editorial Galaxia)
– Conexión Macarrón, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible na EbiblioDaCoruna
– Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos (Kalandraka Editora). Dispoñible coa sinatura P GAR ver / v (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

Xuvenil

– Be Water, de Antía Yáñez (Cuarto de Inverno)
– Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
– Matilde e o comisario. O asasinato da profesora de xeografía, de PereTobaruela (Edicións Embora)
– Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura N PED cor / m (Biblioteca Infantil e Xuvenil) e na EbiblioDaCoruna.

 

Libro ilustrado

– Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
– Os camiños do vento, de Xavier Estévez, ilustracións de Xosé Cobas (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura N 869.9 EST cam / a (Biblioteca Infantil e Xuvenil) e na EbiblioDaCoruna.
– Teño dereitos, de Miguel Robledo (Aira Editorial)

 

Libro de banda deseñada

– A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)
– Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura 74 SIL apr / a (Biblioteca Infantil e Xuvenil)
– O bichero IX. Run is life, de Luis Davila (Editorial Luis Davila)

 

Iniciativa bibliográfica

Castelao : Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago). Dispoñible coa sinatura GAL/17299.
– Colección Pan de abella, VV. AA. (Apiario)
– Serie Animais Extraordinarios, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández (Faktoría K de libros). Dispoñible coa sinatura 59 GUT con / a (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

Tradución

– Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editora)
– O conto da criada, de Margaret Atwood/Tradución de Celia Recarey e Carlos Valdés (Irmás Cartoné)
– O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris/Tradución de María Alonso Seisdedos (Edicións Xerais de Galicia)
– Pippi Mediaslongas nos mares do sur, de Astrid Lindgren/Tradución de David A. Álvarez (Kalandraka Editora)

 

Poesía

– Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17266
– Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
– Un libre favor, de Chus Pato (Editorial Galaxia). Dispoñible coa sinatura GAL/17338

 

Teatro

– Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (Editorial Galaxia)
– Citizen, do Grupo Chévere (Kalandraka Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17375
– Somos os monstros, de Paula Carballeira (Edicións Xerais de Galicia). Dispoñible coa sinatura T CAR som / a (BBTK Infantil)

 

Libro mellor editado

– Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos (Aira Editorial)
– Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora). Dispoñible coa sinatura GAL/17512
– Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)

 

PREMIOS A TRAXECTORIAS

 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

– 21 Días co Galego
– Club de Lectura AA.VV. das Atochas-Monte Alto
– Libraría Chan da Pólvora
– Poemagosto de Allariz

 

Proxecto literario na rede

– Biosbardia. O país dos libros en galego – César Lorenzo Gil
– Kalandraka TV
– Lecturafilia – Tensi Gesteira

 

Xornalismo cultural

– Anxo Quintela
– César Lorenzo Gil
– Daniel Salgado
– María Yáñez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *