Por unha escola feliz

Publicado el

Nesta ocasión, e aproveitando que o curso escolar está a comezar, gustaríanos dedicar a entrada de hoxe a un álbum moi especial: “¿Qué le pasa a Uma?”, no que Raquel Díaz Reguera trata dunha forma moi visual e sinxela o tema do acoso escolar. E é que este é un tema para que todos reflexionemos, os grandes e os non tan grandes.

Algunha vez preguntástesvos que significa raro?… e… todos os demais?…

Un libro para ler en casa e na escola, na biblioteca e no parque… Un libro para ser lido e lelo aos demais. Porque, ás veces, é necesario que nos axuden a ver as cousas, a entendelas…

Porque, ás veces, unha pequena acción leva consigo un gran cambio.

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *