”Por las fronteras de Europa”, o podcast de Mercedes Monmany!

Publicado el

En 1924, un extravagante, genial y solitario escritor austríaco, Fraz Blei, publica un Bestiario de la literatura … [en el que] describe a varios autores como si fueran animales de un tratado zoológico: «La Kafka es un magnifico ratón de color azul luna que se deja ver muy raramente»… A saber cómo habría descrito Franz Blei a Mercedes Monmany… Poniéndome indignamente en su lugar, oso sugerir que la habría definido y descrito como un halcón. El halcón Mercedes lo ve todo con su agudísima vista; no se le escapa ninguna de las demás aves que vuelan, ninguno de los animales que corren o se esconden en el bosque… Ligero y fulmíneo, al halcón Mercedes ve las cosas que los demás todavía no ven y se apodera de ellas, las hace propias, alimentándose cual ave de presa. Sin embargo, a diferencia de los depredadores rapaces, a Mercedes la mueve el amor, un amor extraordinariamente generoso por los autores y las obras que descubre y de los que se enamora, que hace suyos entregándose a ellos, dándolo todo de sí: su entusiasmo, su pasión, la agudeza de su juicio, su fraterna cercanía, su inteligencia analítica, su conocimiento.”

Magris, Claudio. Introdución de: “Por las fronteras de Europa”, de Mercedes Monmany

 

Durante os séculos XX e XXI, Europa e as súas nacións non permaneceron estables: dramáticos acontecementos, as guerras e a xeopolítica lograron que as súas fronteiras se alterasen, se reconfigurasen para chegar a coñecela como hoxe é. Cada un deses cambios nútrese de drama, de traxedias persoais; e todas esas fronteiras cambiadas, construídas ou destruídas teñen oculta unha intrahistoria, un cúmulo de pequenas historias persoais que merece a pena ser contadas e escoitadas. E como non, entre esas voces tamén se esconden grandes escritores, comunicadores, que a través das súas obras, as súas palabras, deixáronnos constancia duns momentos históricos, dunha loita, nuns libros onde se unen os recordos, a historia e a literatura.  Revolucións, dúas guerras mundiais, crises económicas… van deixar unha profunda pegada neles, nas súas vidas e no seu legado.

Enorme foi o labor de Mercedes Monmany á hora de recompilar a historia de moitos destes grandes autores que viviron, morreron e fuxiron dos totalitarismos que arrasaron o continente europeo e que está recollida na súa obra “Por las fronteras de Europa”, todo un tratado da literatura Europa de fronteira no que Mercedes percorre a vida e a obra de máis de 300 autores europeos ao longo de 1500 páxinas.

Podedes consultar aquí o índice da obra: Índice Por las fronteras de Europa

Agora, seguindo esa mesma liña, Mercedes Monmany sorpréndenos cun marabilloso podcast, que emite RTVE, co mesmo título, ao que podedes acceder premendo aquí. Nel poderedes atopar audios de 10 a 15 minutos sobre distintos autores. Un pequeno bocado, un aperitivo de cada un eles para coñecelos e poder penetrarnos así, na súa literatura, e a través dela, nun anaco da súa vida e da máis recente historia europea. Non deixedes de seguilo os martes!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *