Plataformas de préstamo electrónico

O préstamo dixital está orientado a todos os usuarios das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS da provincia e os propios da  Biblioteca provincial. Posibilita o préstamo temporal e gratuíto das principais novidades editoriais en formato dixital.

Poderás gozar da lectura empregando calquera dispositivo compatíbel (tableta, computador, lector de libro electrónico, teléfono móbil, etc.)

Sendo usuario dalgunha biblioteca municipal da provincia da Coruña e tendo, cando menos, 14 anos só terás que solicitar a inscrición na túa biblioteca. Recibirás un correo electrónico coa información precisa para acceder e establecer os teus contrasinais.

DATE DE ALTA