Pídomo. Onde está a fronteira entre ilusión e consumismo?

Publicado el

«Pídomo» seguramente sexa a frase máis escoitada estes días, sobre todo entre os máis pequenos. Pero, como unha celebración que, en teoría, asóciase á xenerosidade, á ilusión, á familia e ao amor entre outros valores positivos, transformouse nunha época tan  materialista? E, metidos xa neste punto, isto é así só en Nadal, ou pola contra, este comportamento  materialista é o reflexo dunha sociedade que obra así tamén o resto do ano?

Sexa como for, o feito é que temos arraigado nos nosos cerebros que para celebrar o Nadal é necesario ir de compras, xa que facer agasallos converteuse no máis importante destas datas. Si, si. Pregunten a calquera neno ou nena e verán a clara relación entre Nadal e agasallos que teñen nas súas pequenas  cabeciñas. Pero é que, ademais, para moitos adultos este é o único modo que se lles ocorre de demostrar afecto, especialmente nesta época do ano. Que estamos a facer? Realmente queremos ensinar aos máis pequenos que a felicidade é algo material? Seica o márketing e a publicidade desmedida, que nos bombardea persistentemente, fannos esquecer que esta avalancha de agasallos provoca un aumento de frustración en nenos e adolescentes, xa que é imposible satisfacer o desexo, que nestes casos está asociado ao inmediato?

Nós, pola nosa banda, cremos firmemente que non son os agasallos, senón a educación en valores, a clave para que as novas xeracións sexan máis felices, e por iso, na entrada de hoxe, queremos compartir algunhas lecturas como: » Un  agasallo diferente», » Crispín, el  cerdito que lo tenía todo» , «Los tres bandidos», » Coas  mans  baleiras», «El regalo maravilloso», » Non  é  unha  caixa» ou «Buscar», que gustarán aos peques e farannos reflexionar a todos. Esperamos que as gocedes, e…

Bo nadal!

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *