Os “cadáveres exquisitos” dos obradoiros de pintura

Publicado el

Os “cadáveres exquisitos” son unha técnica de pintura e debuxo do Surrealismo, que toma o nome da serie de debuxos realizados con esta técnica conxuntamente por Granell e Bretón, xunto con Lam. Unha técnica que se basea na imaxinación, o azar e o traballo en equipo. Consiste en pintar ou debuxar no mesmo lenzo ou na mesma composición entre varias persoas, evitando que os demáis coñezan o que debuxaron ou pintaron as outras persoas.

É fundamental que o azar sexa o compoñente máis importante, e non saber o que debuxan os demáis, para que así o resultado sexa máis sorprendente.

Nos obradoiros de pintura do verán da Sala Infantil e Xuvenil da Biblioteca e conducidos pola artista Luisa Valdés, traballouse seguindo as técnicas e a obra de varios artistas, entre eles Eugenio Granell e a súa serie de “Cadáveres exquisitos”.

Tomando este legado como referencia, os participantes nos obradoiros realizaron a súa propia serie de Cadáveres exquisitos, que pode contemplarse exposta nas escaleiras da Biblioteca da Deputación da Coruña durante todo o mes de agosto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *