Nova lectura no club dixital: O lado do que dormes

Publicado el

Entre o 25 de xuño e o 8 de xullo estaremos lendo o libro «O lado do que dormes» de María Canosa, no club «Arredor dos libros». A escritora publica este libro en 2020 porque quere «denunciar eses micromachismos que están aí continuamente» segundo as súas propias palabras.

Ao rematar a lectura, teremos un encontro virtual coa escritora no propio Club virtual, no que poderemos comentar con ela a novela, o proceso creativo, os seus próximos proxectos…

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 25 de xuño) e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *