Obradoiros de Lego Wedo

Publicado el

 

Idade: 6, 7 e  8 anos

Duración: 1 semana

Horario: de 11.00 a 12.30 horas

Prazas: 8 nenos/as por semana

Lugar: BBTK Infantil

Prazo de inscrición: comeza o 9 de agosto ás 10:30 h

Os cursos son totalmente gratuítos.

 

Semanas a escoller:

  • Primeira semana: 16, 17, 18, 19 e 20 de agosto.
  • Segunda semana: 23, 24, 25, 26 e 27 de agosto.

 

Inscrición:

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición nos Obradoiros de Lego Wedo: cumprimenta os campos cos datos persoais, o número de socio e elixe a semana.

A páxina para inscribirse nos talleres activarase o 9 de agosto ás 10.30 h da mañá.

Nuns días, aos que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico .Crearanse listas de espera cos non admitidos.

Reservarase unha praza por neno/a (agás irmáns).

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 176 ou escriba a biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal.    

 

Observacións:

  • A biblioteca levará a cabo todas as medidas sanitarias de obrigado cumprimento, fronte á crise sanitaria do virus SARS- CoV-2
  • O uso de máscara é obrigatorio durante toda a actividade.
  • Levarase un control de asistencia. A falta á    actividade implica a perda de praza.
  • Rógase puntualidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *