Obradoiro de plastilina. Ramona Órbita

Publicado el

Xa está aquí o Obradoiro de plastilina desta semana!!!!

Recordade que nesta ocación será en liña.

Xa non vos facemos esperar máis.  AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro desta semana. Nesta ocasión faremos a… Ramona Órbita!!!!

Que non sabedes quen é?  Pois Ramona Órbita, a dona do tempo, de Pakolas, é unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou. E, por suposto, compartirémolas nas redes porque pensamos que as obras de arte deben chegar a todo o mundo.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *