O incunable “Fasciculus temporum” da Biblioteca da Deputación

Publicado el

Na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña consérvase un incunable. Os incunables son libros impresos durante o século XV, é dicir antes do 1 de xaneiro de 1501, data tomada como referencia antes da extensión e popularización da imprenta.

A particularidade dos incunables, ademáis de ser valiosos, fráxiles e escasos en número, respecto aos impresos antigos posteriores, reside na maneira de actuar dos impresores, como artistas individuais á maneira dos copistas dos manuscritos.

A maior colección de incunables de todo o país atópase na Biblioteca Nacional, e nesta colección en continuo crecemento están representadas as principais imprentas españolas e gran parte das europeas.

O incunable conservado na Biblioteca da Deputación é una edición da obra Fasciculus temporum, de Werner Rolewinck. O autor era un cartuxo de Westfalia, e nesta obra plasma a historia do mundo desde os seus inicios ata o momento da súa realización.

As imaxes do Fasciculus temporum consisten en 44 ilustracións xilográficas incluidas no texto, con vistas de ciudades e monumentos, e diagramas e esquemas de acontecementos históricos, en tinta negra ao igual que o texto.

Nos primeiros momentos de produción dos incunables, era moi frecuente que os grabados imitasen a maneira de ilustración dos manuscritos, con todo luxo de detalles.

O incunable está encadernado en pergameo ríxido con etiqueta topográfica do século XVIII, e un exlibris de “Giovanni Pucinelli Sann…”

Tanto a historia como as singulares vistas de ciudades europeas fan deste exemplar un documento moi valioso para o patrimonio cultural de tódolos europeos, neste ano 2018 en que se conmemora o Ano Europeo do patrimonio cultural.

O exemplar conservado na Biblioteca Provincial é unha edición italiana de 1480, a primeira das catro estampadas polo coñecido impresor Ratdolt en Venecia.

Tamén hai outro exemplar conservado na Biblioteca Real, que é una edición realizada en Venecia pero posterior. Nesta edición de Venecia é na que se basearía a saída en Sevilla en 1480 da imprenta de Alfonso del Puerto e Bartolomé Segura, tratándose do primeiro libro de grabados impreso en España.

Desta última edición sevillana consérvanse exemplares na Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla, da Universidade Complutense de Madrid e na Biblioteca Histórica da Universidade de Valencia, entre outros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *