O Club de lectura EbiblioDaCoruna retoma a actividade de 2020 este mes de febreiro.
Podes entrar coas túas claves no club na seguinte dirección: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/
Estas son as lecturas programadas para o primeiro semestre do ano:
15 de xaneiro: Una habitación propia de Virginia Woolf
25 de xaneiro: As rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello
5 de febreiro: La caja negra de Amos Oz
22 de febreiro: Follas novas de Rosalía de Castro
5 de marzo: El príncipe de Maquiavelo
18 de marzo: Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño
29 de marzo: Chesil Beach de Ian Mcwean
9 de abril: Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro
16 de abril: El licenciado vidriera y El coloquio de los perros de Cervantes
4 de maio: El cuento de la criada de Margaret Atwood
10 de maio: Poesía de Xela Arias
24 de maio: Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira
Para poder formar parte deste Club de Lectura Virtual é preciso primero formar parte da Biblioteca Dixital EbiblioDaCoruna (Date de alta aquí), que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para as bibliotecas municipais da provincia da Coruña.
Lembrámosche aquí as liñas xerais de cómo utilizar o Club de lectura:
QUE É?
EbibliodaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes.
En definitiva, un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.
COMO FUNCIONA?
O club de lectura divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.
Está moderado por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura tamén teñen o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.
QUEN PODE PARTICIPAR NO CLUB?
Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación).
Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requerimentos:
- Estar de alta na plataforma de préstamo dixital EbibliodaCoruna. Date de alta aquí de balde: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/
- Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta…
Para acceder ao club lector premer nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
E identificarse no apartado “Iniciar sesión” coas claves da EbibliodaCoruna.
COMO UNIRSE A UN CLUB E PARTICIPAR?
Unha vez que a persoa interesada se identifica no apartado “Iniciar sesión”, xa pode comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en “Seguir”.
Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.
Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.
Nas pestanas Foro, Chat e Citas pódese contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club, e compartir as nosas frases favoritas do libro.
ONDE ATOPAR INFORMACIÓN?
Toda a información necesaria para participar no club pode atoparse na páxina web da Biblioteca www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.
Pode demandarse atención personalizada de información no enderezo de correo biblioteca.info@dacoruna.gal e no teléfono 981 080 176. Tamén de xeito presencial na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.