O Club de lectura EbiblioDaCoruna retoma a actividade de 2020

Publicado el

O Club de lectura EbiblioDaCoruna retoma a actividade de 2020 este mes de febreiro. Remitísmosvos información sobre o club e a programación para este primeiro semestre do ano.

Podes entrar coas túas claves no club na seguinte dirección: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/

O día 4 de febreiro comezaremos lendo “Lluvia fina” de Luis Landero, unha novela mestra (que os críticos do suplemento “El Cultural” elixiron mellor novela en español do 2019) sobre os límites da mentira e os enganos que son capaces de romper unha familia.

Continuaremos con unha lectura en galego a partires do 27 de febreiro: “Infamia”, de Ledicia Costas, o debut desta premiada escritora na literatura para adultos que foi toda unha revolución sobre uns escuros feitos do pasado dun pobo galego.

 

Estas son as lecturas programadas para o primeiro semestre do ano:

 

Lluvia fina, de Luis Landero.

Tras mucho tiempo sin apenas verse ni tratarse, Gabriel decide llamar a sus hermanas y reunir a toda la familia para celebrar el 80 cumpleaños de la madre y tratar así de reparar los viejos rencores que cada cual guarda en su corazón, y que los han distanciado durante tantos años. Aurora, dulce y ecuánime, la confidente de todos y la única que sabe hasta qué punto los demonios del pasado siguen tan vivos como siempre, trata de disuadirlo, porque teme que el intento de reconciliación agrave fatalmente los conflictos hasta ahora reprimidos.

 

Do 4 ó 24 de febreiro no Club Compartiendo lecturas

 

Infamia, de Ledicia Costas.

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana.

 

Do 27 de febreiro ao 24 de marzo no Club Arredor dos libros

 

Sueños en el umbral, de Fatima Mernissi.

Con el poder del encantamiento de las fábulas y la fuerza narrativa de las historias realmente vividas, Sueños en el umbral es un puente tendido entre dos culturas: la europea y la magrebí. Esta mágica recreación de un mundo extinguido, en el que una niña se ve obligada a navegar entre fronteras para salvaguardar su futura integridad de mujer, adquiere universalidad en su exotismo gracias al hilo de plata con el cual la autora teje los innumerables cuentos y anécdotas del patio al que estaba confinada.

 

Do 26 de marzo ao 21 de abril no Club Compartiendo leturas

 

Ilustrísima, de Carlos Casares.

Unha homenaxe ao cinematógrafo escrita con agarimo, con tenrura e con sinxeleza, polo simple pracer de contar unha historia. Unha novela que prende e turra do lector. Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegada do cinematógrafo.

 

 

Do 23 de abril ao 4 de maio no Club Arredor dos libros

 

Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez.

 

«Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo.»

Con esta cita comienza una de las novelas más importantes del siglo XX y una de las aventuras literarias más fascinantes de todos los tiempos. Millones de ejemplares de Cien años de soledad leídos en todas las lenguas y el premio Nobel de Literatura coronando una obra que se había abierto paso «boca a boca» -como gustaba decir el escritor- son la más palpable demostración de que la aventura fabulosa de la familia Buendía-Iguarán, con sus milagros, fantasías, obsesiones, tragedias, incestos, adulterios, rebeldías, descubrimientos y condenas, representaba al mismo tiempo el mito y la historia, la tragedia y el amor del mundo entero.

 

Do 7 de maio ao 23 de xuño no Club Compartiendo lecturas

 

O lado do que dormes, de María Canosa.

Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e… a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde está a súa fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre é igual. A unhas sáelle pola boca, polos brazos. A outras méteselles dentro e móveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala á luz. Pero ao final sempre acaba por saír. Ás veces o detonante é o simple feito de decidir o lado do que dormes. Ás veces hai que deixar de resistir e require un cambio. Esta novela vaise entretecendo coas dúbidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha arañeira, apertándose para protexérense. Mulleres que loitan e, ás veces, gañan batallas. Non sempre.

 

Do 25 de xuño ao 8 de xullo no club Arredor dos libros

 

 

 

Para poder formar parte deste Club de Lectura Virtual é preciso primero formar parte da Biblioteca Dixital EbiblioDaCoruna (Date de alta aquí), que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para as bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Lembrámosche aquí as liñas xerais de cómo utilizar o Club de lectura:

 

QUE É?

EbibliodaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes.

En definitiva, un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

 

COMO FUNCIONA?

O club de lectura divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Está moderado por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura tamén teñen o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.

 

QUEN PODE PARTICIPAR NO CLUB?

Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación).

Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requerimentos:

Para acceder ao club lector premer nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es

E identificarse no apartado “Iniciar sesión” coas claves da EbibliodaCoruna.

 

 

COMO UNIRSE A UN CLUB E PARTICIPAR?

Unha vez que a persoa interesada se identifica no apartado “Iniciar sesión”, xa pode comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en “Seguir”.

Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.

Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.

Nas pestanas Foro, Chat e Citas pódese contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club, e compartir as nosas frases favoritas do libro.

 

 

ONDE ATOPAR INFORMACIÓN?

Toda a información necesaria para participar no club pode atoparse na páxina web da Biblioteca www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.

Pode demandarse atención personalizada de información no enderezo de correo biblioteca.info@dacoruna.gal e no teléfono 981 080 176. Tamén de xeito presencial na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *