Novo deseño e funcións da EbiblioDaCoruna

Publicado el

Comezamos a Semana Santa presentándoche os cambios funcionais e de diseño implementados na EbiblioDaCoruna para facilitar a súa navegabilidade e utilización desde os navegadores web. Ten en conta que esta actualización non afecta á app para móbiles e tabletas.

 

En primeiro lugar, desprázanse as categorías ou materias desde o lateral esquerdo á parte superior da pantalla, polo que agora temos os carruseis a pantalla completa. É dicir, o protagonismo, para os libros:

 

 

 

Xa podes tomar prestado un libro ou reservalo sen saírte da pantalla principal. Ao premer en calquera título, emerxerán as opcións para ese recurso. Podes volver minimizalo premendo no x.

 

 

 

Tamén podes acceder a calquera sección do teu perfil desde a pantalla principal, cando antes tiñas que entrar primeiro no perfil e logo navegar polos apartados.

 

 

 

Tes acceso rápido ás notificacións desde a pantalla principal, premendo na campá ao lado do teu nome.

 

 

 

As buscas agora son máis sinxelas, posto que podes ir engadindo e eliminando filtros. É máis rápido e máis cómodo.

 

 

 

Ademáis, a páxina de resultados xa non é un listado, agora podes ver dun só vistazo moitos máis títulos que coinciden cos teus criterios de busca, xunto coa información principal de cada un.

 

 

 

Cando entras na ficha dun libro, xa podes ver dun só vistazo toda a información do libro, sen necesidade de facer scroll.

 

 

 

Agora tes tamén a posibilidade de compartir a través doutras opcións: Whatsapp, LinkedIn ou correo electrónico, que antes non era posible.

 

 

 

Tamén se redeseñou a área de usuario, na túa conta podes engadir unha foto ao teu perfil, podes facer préstamos desde a sección Favoritos, podes coñecer non só os días que che faltan para que venzan os teus préstamos senón tamén as horas, e moitas máis melloras que te animamos a descubrir.

Desfruta da EbiblioDaCoruna!

2 thoughts on “Novo deseño e funcións da EbiblioDaCoruna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *