Novas lecturas no EbiblioDaCoruna Club Lector

Publicado el

Hoxe 10 de abril remata a lectura de “Los pacientes del doctor García” de Almudena Grandes, e nos vindeiros días inauguramos novas lecturas ás que podes sumarte:

Na sala “Compartiendo lecturas” comezaremos a ler o venres 12 de abril unha selección da “Poesía reunida” de Ida Vitale, última galardoada co Premio Cervantes e que será protagonista o vindeiro día do libro, o 23 de abril, nun acto que se realizará como cada ano no paraninfo da Universidad de Alcalá de Henares. Perde o medo a este xénero e desfruta da lectura guiada pola especialista Patricia Cernadas.

 

Na sala “Arredor dos libros” comezaremos a ler o martes 16 de abril o libro “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo, novela negra que transcorre entre Santiago, Vigo, Coruña… e outros escenarios da xeografía galega, nunha atrapante trama que mantén a intriga ata o final.

Podes entrar libremente ao club e unirte á lectura, non precisas inscribirte! Só tes que identificarte coas túas claves da EbiblioDaCoruna aquí: Club de lectura

Para ler, podes utilizar un libro en papel ou ben prestar o libro directamente desde a plataforma dixital EbiblioDaCoruna ou desde o Club de lectura a partir do mesmo día en que comeza cada lectura.

Animámoste a que o probes, especialmente se nunca asistiches a un club de lectura, xa que podes conectarte cando queiras e desde onde queiras, e aproveitar os comentarios e punto de vista doutros lectores que sempre enriquecen a experiencia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *