Nova lectura no Club EbiblioDaCoruna: “La uruguaya”

Publicado el

Mañá martes 28 de maio comezaremos a ler  “La uruguaya” de Pedro Mairal, na sala “Compartiendo lecturas”, Premio Tigre Juan 2017.

 

Lucas Pereyra, un escritor recén entrado na corentena, viaxa de Bos Aires a Montevideo para recoller uns cartos que lle mandaron desde o estranxeiro e que non pode recibir no seu país polas restriccións colombianas. Casado e con un fillo, non atravesa o seu mellor momento, pero a perspectiva de pasar un día noutro país na compaña dunha xove amiga é suficiente para animalo un pouco. Unha vez en Uruguai, as cousas non rematan de saír tal e como as planificara, así que a Lucas non lle quedará outra que afrontar a realidade.

 

Esta novela confirma a Mairal como un dos máis destacados narradores da literatura arxentina contemporánea, que xa sobresaíra coa anterior “Una noche con Sabrina Love”. Podes ler algo máis sobre el na entrevista que lle fixo El Correo Gallego.

Se es usuario da EbibliodaCoruna, identifícate coas túas credenciais de acceso e únete ao club AQUÍ. Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 28 de maio) e comentar, citar, chatear co resto de participantes…

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou aos clubs de lectura virtuais da Biblioteca da Deputación, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar e a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *