Nova lectura no club dixital: Sueños en el umbral

Publicado el

Entre o 26 de marzo e o 21 de abril estaremos lendo o libro «Sueños en el umbral» de Fatema Mernissi, no club «Compartiendo lecturas». Adéntrate nesta lectura da man da autora Premio Príncipe de Asturias das Letras 2003.

«Unha serie de contos onde o marabilloso e o cotián se entrelazan, producindo un relato de enorme beleza, sensibilidade e exotismo.

Fatema Mernissi desgrana unha serie de contos sobre a infancia e o despertar dunha nena nun harén de Fez, moi lonxe do que evoca a imaxinería oriental.

O harén de Fatema é moi diferente do que nos evoca a imaxinería oriental, é un harén de mulleres, nais, esposas, fillas, tías e avoas que viven dentro da casa, imposibilitadas de cruzar soas o umbral. Ante nos desprégase a vida desa nena que pouco a pouco vai entendendo os poderes femininos dentro da casa e as diferentes maneiras de afrontar esa vida.

Mernisi móstranos as súas mulleres, coas súas fantasías e soños, incluído o «soño no umbral», o mundo masculino que se estende máis aló deses muros da casa e a historia dunha nena efrontada ós  misterios do tempo e o sexo durante a historia recente do mundo musulmán».

 

 

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 26 de marzo) e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *