Nova lectura no club dixital: Contos de Santos e Nadal

Publicado el

Estaremos lendo o libro “Contos de Santos e Nadal” do gran Ramón Otero Pedrayo, no club “Arredor dos libros”, entre o 5 e o 17 de decembro.

Ocórreseche unha lectura mellor para estas datas?

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 19 de novembro) e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *