Nova lectura no club dixital: Cien años de soledad

Publicado el

Entre o 7 de maio de o 23 de xuño estaremos lendo o libro «Cien años de soledad» do Premio Nobel de 1982 Gabriel García Márquez, no club «Compartiendo lecturas». Un clásico xa da literatura hispanoamericana, das obras máis lidas e traducidas, que xira arredor da familia Buendía e do pobo de Macondo.

Se sempre quixeches ler esta novela, pero non tiveches ocasión, ou comezáchela pero deixáchela apartada, agora tes unha oportunidade inmellorable de seguila da man da nosa especialista en literatura, que sempre aporta unha ollada enriquecedora e esclarecedora sobre os libros que lemos no club.

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 7 de maio) e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *