Nova lectura no club dixital: Carol

Publicado el

Dende hoxe, 17 de novembro,  podes unirte á lectura da obra «Carol» de Patricia Highsmith, un libro diferente aos do resto da súa autora, ata o punto de que cando o publicou a primeira vez, fíxoo baixo un pseudónimo.

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar ou chatear co resto de participantes

Claire Morgan, unha autora descoñecida e que elixiu permanecer no máis absoluto anonimato, publicou en 1952 unha novela, O prezo do sal, notablemente audaz para a época. Os críticos trataron o libro cunha mestura de desconcerto e respecto, pero o éxito de público foi inmediato, e vendéronse máis dun millón de exemplares da edición de peto. A novela non volveu editarse, e agora reaparece co título Carol, que orixinalmente lle deu a súa autora, e asinada por esta co seu verdadeiro nome.

Carol é unha novela de amor entre mulleres –de aí a decisión de Patricia Highsmith de publicala baixo un pseudónimo, para non ser clasificada como unha «escritora lesbiana»–, que se le coa mesma fascinada atención que espertan as novelas «policíacas» da súa autora. Highsmith concibiu Carol en 1948, cando tiña vinte e sete anos e terminara a súa primeira novela, Estraños nun tren. Atopábase sen diñeiro, e empregouse durante unha tempada na sección de xoguetes duns grandes almacéns. Un día, unha elegante muller loura envolta en visóns entrou a comprar unha boneca, deu un nome e unha dirección para que lla enviasen e marchouse. Patricia Highsmith foise a casa e escribiu de vez un primeiro borrador de Carol, que comeza precisamente co encontro entre Therese, unha nova escenógrafa que traballa accidentalmente como dependenta, e Carol, a elegante e sofisticada muller, recentemente divorciada, que entra a comprar unha boneca para a súa filla e cambia para sempre o curso da vida da moza vendedora.

«Carol foi a primeira novela de tema homosexual que non terminaba traxicamente, pero a fraxilidade da felicidade é un subtema que impregna as páxinas do libro; para Patricia Highsmith, a idea de felicidade está indisolublemente unida á de perigo. A única novela de amor de Patricia Highsmith é tan característica da súa autora como O diario de Edith ou Mar de fondo e igualmente estremecedora» ( The Sunday Times).

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *