No verán leva contigo a #ebibliodacoruna

Publicado el

 

A Biblioteca da Deputación da Coruña ten á túa disposición a plataforma de autopréstamo EbibliodaCoruna, onde podes prestarte e descargar os libros, xornais, revistas, audiolibros ó teu móbil ou tableta. Todo en tres pasos: accede, préstate, e descarga. De domingueo na praia? No campo? Na casa da avoa? Se estás de disfrutando duns días de descanso, non deixes de ler!, descarga a APP da Biblioteca e sigue disfrutando do pracer dun bo libro!

 

EBIBLIODACORUNA é  un servizo gratuito para todas as bibliotecas da provincia da Coruña. Os requisitos para entrar son:

  1. Ter cando menos 15 anos.
  2. Ser usuaria/o de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou a da Deputación.
  3. Dispor dun enderezo electrónico.
  4. Ter un ou máis dispositivos pra ler (ordenador personal, teléfono móbil, tableta ou lector de libro electrónico).

A través deste servizo se pódese acceder ao CATÁLOGO  e realizar o préstamo de obras en formato dixital para poder lelas ou escoitalas en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores persoais ou lectores de libros electrónicos (ereaders) compatibles con DRM (Digital Rights Management) de Adobe Digital Editions.

 

Na actualidad a EBIBLIODACORUNA conta con máis de 3.000 licenzas, aínda que todos os meses incrementamos e actualizamos os contidos para cubran os voso intereses e demandas.

Libro-e 2963          96,99 %
Audio 49 1,60 %
Revista 28 0,92 %
Periódico 7 0,23 %
Contenido Educativo 4 0,13 %
Vídeo 4 0,13 %

Aínda que o que máis se prestan con os libros electrónicos, destacamos o elevado uso da prensa diaria  (ABC, As, Cinco Días, La Razón, Vanguardia e Economista e El País) e das 28 revistas  que, dende o primeiro momento, supoñen un gran  incremento dos préstamos. Tamén están tendo unha boa acollida os audiolibros.

Podes tomar en préstamo ata un máximo de cinco contidos dixitais de forma simultánea.

O prazo de préstamo depende do material do que estamos facendo uso. Para os libros dixitais o prazo máximo é de 21 días, as revistas 1 días, as películas 3 días, os xornais 2 horas, os audios e contido educativo 21 días. Sen posibilidade de renovación.

 

 

 

 

De domingueo na praia? No campo? Na casa da avoa? Se estás de disfrutando duns días de descanso, non deixes de ler!, descarga a APP da Biblioteca e sigue disfrutando do pracer dun bo libro!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *