Visitas escolares

A Bbtk Infantil e a Biblioteca Xuvenil da Deputación da Coruña ofrecen visitas guiadas a grupos escolares de idades comprendidas entre os 2 e os 16 anos.

Con estas visitas preténdese que os nenos e nenas coñezan como é unha biblioteca e as posibilidades que lles ofrece.

Trátase dunha actividade interactiva na que os nenos e nenas están en todo momento en contacto cos libros: móstranselles diferentes tipos de materiais, resolven dúbidas… Ao final da visita permíteselles aos nenos moverse libremente pola biblioteca escollendo por si mesmos os libros que desexen.

Así mesmo, tamén se ofrecen visitas guiadas para alumnado de ciclos superiores ou universitarios con estudos relacionados coa infancia e/ou os libros.

Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal (se quere visitar a Bbtk Infantil), ou biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal (se quere visitar a sección Xuvenil), indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto.

Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 174 (para a Bbtk Infantil) ou 981 080 171 (para a sección Xuvenil)