Para facerte socio/a

Para facerte socio/a só precisas cubrir o impreso, unha foto tamaño carné e fotocopia do DNI do adulto que asine o impreso de solicitude.

Facer o carné de socio/a é totalmente gratuíto e con el poderás levar en préstamo ata tres libros, dous DVD, un CD-ROM, un CD de música e unha revista durante 15 días.

Ademais ao ser socio poderás vir a todas as actividades que teñen lugar na biblioteca para a túa idade.

Non o penses máis e únete ao club!