Manual de uso

Que me ofrece a biblioteca?

  • Poder ler, facer traballos …
  • Poder levar a casa libros, cómics, música, revistas, películas, xogos de ordenador…
  • Reservar o material que che interesa que está prestado
  • Resolver calquera dúbida que teñas.
  • Participar nas actividades que se realizan ao longo do ano.
  • Acceder a internet. (Bilblioteca Xuvenil) (ver normas)
  • Xogar á Play Station 3. (Biblioteca Xuvenil)  (ver normas)
  • Facer fotocopias (respectando os dereitos de autor)
 Que podo levar en préstamo?

Se tes o carné de socio da Bbtk Infantil ou da Biblioteca Xuvenil podes levar todo menos enciclopedias, dicionarios e libros que teñan pezas e/ou pilas.

E cantos?

Como máximo 3 libros, 1 revista, 2 DVD, 1 CD-ROM e 1 CD.

Canto tempo?

Durante 15 días renovables outros 15 sempre que non te pases da data ou o libro estea reservado.  OllO! os audiovisuais e as revistas non se poden renovar.

Para renovar tes dúas opcións:

  • Acudir á biblioteca.
  • Chamar por teléfono: 981.080.171 para a Biblioteca Xuvenil.
    981.080.174 para a Bbtk Infantil.
Que pasa se me atraso ao devolver algo?

Pois que serás sancionado sen poder levar nada para casa tanto tempo como o que te atrasaches.

E se perdo ou estrago o material?

Terás que mercar outro igual.

E por último…

Para poder gozar todos e todas da Biblioteca debemos coidar o material, non molestar aos demais e non comer nin beber na sala.

Ah! Elefantiño tamén nos deixa as súas suxestións no cartel que fixo.