Como está organizado

Na Bbtk Infantil e na Biblioteca Xuvenil podes atopar libros, películas, música, xogos de ordenador, revistas…

A distribución fíxose atendendo a:

  • Tipo de material: libros, películas, música, xogos de ordenador, revistas
  • Contido: información, narrativa, poesía, teatro
  • Idade para a que están recomendados:
    • Na Bbtk Infantil están as cores:

      • Rosa (para nenos e nenas ata os 3 anos)
        • Zoo: con libros de animais
        • Bebé: con libros que tratan sobre o corpo e as emocións do cativos
        • Aprender: onde atopamos os libros de números, cores, formas…
        • Xogar: con libros de sons, quebracabezas, solapas…
        • Mundo: con libros sobre o ámbito que rodea os pequechos.
        • Te cuento: onde estarían os contos propiamente ditos
      • Azul (para nenos e nenas de 3 a 7 anos)
      • Vermello: para nenos/as de 7 a 9  anos
    • E na Biblioteca Xuvenil atopamos as cores:

      • Verde: para nenos/as de 9 a 11 anos
      • Amarelo: para nenos/as de 12 a 14 anos
      • Morado: para mozos/as de 15 a 18 anos