Mostra bibliográfica sobre a radio ” Diálogo, tolerancia e paz”

Publicado el

Para celebrar o Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro, realizamos na nosa biblioteca unha mostra bibliográfica co título Diálogo, Tolerancia e Paz onde se desexa dar a coñecer os aspectos mais relevantes do orixe e evolución da radio, unha breve historia da radiodifusión en España, os comezos da radio en Galicia e por último, ofrecemos unha guía de lectura cos materiais mais interesantes sobre o tema que temos na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

O título da mostra reflicte o diálogo e o debate democrático sobre temas de actualidade, coma a migración e a violencia contra as mulleres, a radio pode axudar a sensibilizar e difundir novas perspectivas positivas.

A mostra bibliográfica poderase ver na entrada da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dende o 23/01/2019 ata finais do mes de febreiro en horario de apertura da Biblioteca.

GUÍA DA EXPOSICIÓN e MOSTRA BIBLIOGRÁFICA NA ENTRADA DA BIBLIOTECA:Dialogo, Tolerancia e Paz. Guia de lectura da mostra bibliografica. Biblioteca Provincial Deputacion da Coruna

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *