Mostra bibliográfica: Poemas en feminino

Publicado el

A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma na que usamos as palabras e as cousas, e o noso modo de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas e a súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible do diálogo entre as culturas.


Nesta ocasión, e co Día Internacional da Muller (8 de marzo), e o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) como pano de fondo, imos centrarnos na poesía escrita por mulleres, en concreto, na poesía escrita por mulleres galegas.

 


Así, a poesía galega escrita por mulleres coñeceu nas últimas décadas unha revolución sen precedentes, tanto polo número de escritoras como pola temática de moitas das súas propostas. Aínda que, pola súa orixinalidade, a súa radicalidade e o seu carácter a miúdo crítico, estas resulten máis visibles nos momentos nos que se produce unha transformación da sensibilidade poética, algúns modelos anteriores continúan sendo eficaces e todos eles resultan determinantes para a dinamización do sistema literario galego. De todos os xeitos, podemos dicir, en liñas xerais, que a poesía das escritoras galegas revolveuse contra a tradición, para explorar territorios que aínda non foran escritos con voz de muller.

 
Dende a Biblioteca da Deputación de A Coruña queremos renderlle o noso particular homenaxe, a todas estas mulleres, realizando esta guía de lectura na que mostramos unha pequena selección destas mulleres e os documentos realizados por elas, que se poden atopar na nosa Biblioteca, algúns dos cales poderanse ver, a modo de exposición, na súa entrada.

Consulta aquí a Guía da mostra: Mostra bibliográfica Poemas en feminino. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *