Mostra bibliográfica «Luces e sombras das bibliotecas». Día da biblioteca

Publicado el

 

A destrución de bibliotecas foi unha práctica habitual ao longo da historia, xeralmente promovida por exaltados líderes políticos ou relixiosos; está asociada a o fanatismo ideolóxico e adoita acaecer como consecuencia de câmbios sociais radicais, enfrontamentos relixiosos, e conflitos bélicos. Constitúe, xunto coa bibliocastia ou queima de libros, un dos capítulos da Historia da estulticia, a incultura, o odio e a vinganza…
A queima e destrucción de bibliotecas remontase aos orixes dos primeiros escritos.

Dous grandes exemplos desta grave perda foron Exipto e Grecia, das que se calcula que se perdeu o 80% da literatura e a ciencia de ambas as civilizacións antigas, a causa principalmente das sucesivas guerras sufridas, así como a destrución da biblioteca de Alexandría. En tempos máis modernos, as guerras e revolucións seguiron sen respectar nin os muros bibliotecarios nin o valor dos libros. Destrucións masivas de libros durante a Revolución Francesa, a Guerra de Independencia española e a conquista de América son algúns exemplos. Os conflitos armados durante o século XX tampouco foron alleos a esta actividade destrutiva, engadindo a destrución de libros e biblioteca como unha práctica máis ou menos habitual.
Nesta mostra facemos un percorrido polas luces e sombras das bibliotecas destruídas, queimadas e tamén recuperadas.

Mostra_Guía_Lucesesombrasdasbibliotecas

Guía_lectura_Mostra_Lucesesombras from Bibliotecadicoruna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *