Mostra bibliográfica: Galicia en Semana Santa

Publicado el

A Semana Santa está ao virar a esquina e dende a Biblioteca da Deputación da Coruña quixemos facerlle unha exposición e unha guía de lectura denominada: Galicia en Semana Santa.

A mostra bibliográfica está na entrada da Biblioteca e podedes vela no horario de apertura durante todo o mes de abril.

Nela podedes atopar lugares de interese turístico, gastronomía propia da época e as festividades relixiosas.  A Semana Santa soe ser unha época de vacacions tanto para maiores coma pequenos polo que aproveitamos para facer cousas que non facemos durante o resto do ano e desfrutar do ocio.

Nesta guía queremos mencionar os pequenos lugares turísticos que podemos visitar nestos poucos días de vacacions sen necesidade de sair da nosa Comunidade Autónoma, pequenos lugares con encanto fora das aglomeracións das capitais da provincia.

Pode ser un bo momento para descubrir ese chef que levamos dentro e probar as nosas dotes culinarias cos postres típicos da época e… ¿por qué non? Aceptar a compañía e axuda dos pequenos da casa, que as veces é un pouco difícil mantelos entretidos durante varios días.

Ademáis dos lugares turísticos e dos postres non podemos deixar de mencionar as festividades relixiosas da tempada, tendo en conta que dispoñemos de varias localidades cunhas procesións declaradas de interés turístico internacional.

Na mostra podedes enconrar o material que temos na biblioteca e, que dende o noso punto de vista, son as obras máis recomendadas para poder levar a cabo todo o mencionado anteriormente. Coñecer un pouco da historia das festividades relixiosas, coñecer os lugares turísticos dignos de ser visitados, a gastronomía da época e o material máis adecuado para entreter e levar a cabo actividades cos pequenos da familia de maneira que sexa unha época entretida para todolos miembros do núcleo familiar.

A exposición encóntrase na entrada da Biblioteca e a guía podédela atopar na nosa páxina web e fisicamente en varios puntos das nosas instalacións.

Guía de lectura: Galicia en Semana Santa_Mostra Bibliográfica na Biblioteca Provincial da Coruna

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *