Mostra bibliográfica: Descubrindo paraísos

Publicado el

 

Viaxar é un exercicio con consecuencias fatais para os prexuízos, a intolerancia e a estreiteza de mente

Mark Twain

Para os meses estivais, asociados tradicionalmente ás vacacións e ao lecer, escolleuse como tema condutor da mostra expositiva da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, as viaxes. Esta escolma bibliográfica trata de ser un convite para alimentar a curiosidade de viaxar e coñecer outros lugares con culturas e costumes diversas. Ademais de proporcionarlle ó lector ideas onde poder pasar as súas vacacións e que poida descubrir territorios descoñecidos.

O relato expositivo será tamén unha oportunidade para poñer en valor o acervo bibliográfico existente nos diferentes fondos patrimoniais desta casa. Para isto, farase uso de obras descritivas de especial interese con respecto do seu contido, como por exemplo guías de lugares curiosos.

Viaxe (do occitano viatge, orixinado do latín viaticum ‘provisións para viaxar’) é o cambio na localización das persoas que se realiza a través dos medios de transporte, xa sexan mecánicos, animais ou viaxes realizadas propiamente a pé.

Na actualidade, as viaxes máis numerosas son levadas a cabo por recreación nas vacacións estivais, como parte do turismo, peregrinación ou visita a amizades e familia. Para isto, se axunta unha descrición acerca das diferentes rexións do mundo e algunhas das súas singularidades.

Para organizar a mostra e distribuír os materiais, optouse por una división xeográfica, correspondéndolle a cada expositor un continente (África, América, Asia, Europa y Oceanía) e, para ofrecer unha bibliografía o mais actualizada posible, déuselles preferencia a aquelas obras publicadas a partir do año 2015. Como complemento da visión global que se quere construír con esta actividade, outorgáselle unha das vitrinas a España e Galicia con zonas atraentes para coñecer, mostrando materiais procedentes da biblioteca César Antonio Molina y Mercedes Monmany.

 

Podes ver os recursos expostos na nosa Guía de Lectura Guia de lectura de viajes. Mostra bibliografica Biblioteca Provincial A Coruna

 

Imaxes da mostra:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *