Mostra bibliográfica A poesía galega: pasado e presente

Publicado el

 

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía e dende a Biblioteca da Deputación de A Coruña queremos rendirlle o noso particular homenaxe realizando esta guía de lectura denominada A Poesía Galega: pasado e presente, mostrando o orixe da poesía galega dende a Idade Media ata os nosos días xunto cunha selección de documentos que o usuario pode atopar na nosa biblioteca, algúns deles colocados a modo de exposición na entrada da mesma.

A poesía é unha manifestazón da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribue á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma na que usamos as palabras e as cousas, e o noso modo de percibir e interpretar a realidade. Merced as súas asociacións e metáforas e a súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible do diálogo entre as culturas.

decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º periodo de sesións, que se celebrou en París en 1999.

Dacordo coa decisión da UNESCO, o principal obxetivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás lenguas amenazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades.

Por outra parte, este día ten como propósito promover a ensiñanza da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demáis manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

 

Guía de Lectura: A poesía galega na Biblioteca Provincial da Coruña_Mostra bibliográfica

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *