Mostra “A maxia do Entroido”

Publicado el

Mostra bibliográfica “A maxia do Entroido

O Entroido é unha das festas máis esperadas do ano e adoita celebrarse a segunda semana de febreiro, 40 días antes de Semana Santa. En España, tradicionalmente comeza un xoves, o Xoves Lardeiro, e remata o martes seguinte, Martes de Entroido, que este ano coinciden o 8 e o 13 de febreiro, respectivamente. Con todo, para moitos dos seus protagonistas, a festa comeza moito antes.

Esta mostra bibliográfica pretende dar a coñecer algunhas pinceladas sobre a historia do Entroido e como se celebra en distintas partes do mundo, especialmente en Galicia; así como ensinar algúns dos materiais máis interesantes que a colección da Biblioteca da Deputación Provincial posúe sobre esta festa.

Mostra Carnaval(En PDF)

Mostra "A maxia do Entroido" from Bibliotecadicoruna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *