Marzo en feminino

Publicado el

Con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, sumámonos ao recoñecemento da importante labor das mulleres en todos os campos.

Pola nosa banda e como Biblioteca Provincial, imos contribuir a destacar durante todo este mes de marzo a produción literaria das mulleres de toda a provincia da Coruña. Cada día dedicarémolo a unha escritora da que temos dispoñible algunha obra en dixital na EbiblioDaCoruna, o servizo de préstamo dixital provincial. Así, poderase acceder á obra das escritoras desde calquera recuncho de calquera municipio da provincia. Só é preciso ter as claves do servizo de préstamo dixital, que podedes solicitar aquí de balde se aínda non o empregades: Alta no préstamo electrónico

Animámosvos a descubrir a calidade literaria das mulleres escritoras da nosa provincia, que poderedes atopar anunciadas diariamente nas nosas redes sociais e na axenda da nosa web.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *