Marzo en feminino: María do Carme Kruckenberg

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

O día 4 de marzo temos a María do Carme Kruckenberg.

MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

(Vigo, 1926-2015)

BIOGRAFÍA

Poeta, intelectual, xornalista e vicepresidenta da AELG, esta viguesa filla do mexicano de ascendencia alemá Gustavo Kruckenberg Sartorius e da viguesa Josefina Sanjurjo Oza, xa de nova tivo acceso a unha educación literaria, artística e lingüística pouco común para a época e para unha muller, que desembocou nunha vocación temperá polos versos que xa compoñía na adolescencia.

Despois de pasar polo colexio Alemán de Vigo e os de Cluny e Placeres, decide non continuar á universidade e seguir coa súa formación de xeito autodidacta, cultivándose na lectura

Amais era asidua das actividades culturais da súa cidade e tertuliana xunto con Eduardo Moreiras; Celso Collazo, Emilio e Xosé Mª Alvarez Blázquez, Laxeiro, Celso Emilio Ferreiro, Prego de Oliver, etc…  e tamén frecuente no madrileño café El Parador de Velázquez.

Despois de casada en 1949 con Ezio Pusone van residir  a Bos Aires catro anos, e aínda que o matrimonio non foi ben, a estadía en Bos Aires abriulle outros horizontes nesta cidade internacional, frecuentando a Emilio Pita, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, María Teresa León, Jorge Larco, Gloria Alcorta, Gerardo Diego, Miguel Ángel Asturias, Olga Orozco, etc.

Despois de pasar por Uruguai e Brasil, volta a Vigo, aínda que tempo despois trasladaríase a Madrid, e en ambos puntos ten oportunidade de compartir con Manuel María, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza en Galicia, e logo en Madrid coa familia de Federico García Lorca, Ignacio Aldecoa, Camilo José Cela, Mariano Tudela, José Hierro…

Finalmente volta a Vigo definitivamente en 1956, onde traballará como delegada científica nos Laboratorios Servier.

Foi colaboradora de radio, revistas e xornais, participando en conferencias e recitais algún dos cales se recolleron en producións discográficos.

A súa extensa obra está composta por libros, poemarios de diferente signo, algún seleccionado por Rafael Alberti, algún ilustrado por Eva Lloréns, algún prologado por Celso Emilio Ferreiro…

En palabras de Mercedes Queixas, “Unha obra que naceu nunha concepción bilingüe, como é común na denominada “Promoción de Enlace”, corrente en que é adscrita a poeta pola crítica literaria, mais que na década de 80 reorienta, desde un posicionamento consciente, cara á creación monolingüe en galego. Unha poesía sinxela, breve, mais estrutural e estilisticamente traballada, que bebe inicialmente nas fontes do metro e do ritmo da canción popular para avanzar cara a un versolibrismo que procura a síntese semántica e conceptual, que apela a Eros e afronta a Tánatos, que cuestiona e interpela un mundo que non comprende.”

Foi recoñecida por numerosas distincións, como o Premio Alecrín (1997), o “Viguesa distinguida”, “Galega destacada”, a letra E da AELG, a Medalla de Bronce de Galicia, e a Medalla Castelao, ademáis de poder visitarse unha praza co seu nome en Vigo.

Inopinadamente, a súa valiosa non sempre puido sair á edición convencional, polo que foi preciso a autoedición para poder difundir a arte desta creadora polifacética, viaxeira e pioneira.

 

Fontes para a biografía: Biobibliografía de Mercedes Queixas Zas (Consello da Cultura Galega, 2018) e Centro de Documentación da AELG.

 

MATERIAIS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL

Fandiño, Xosé Ramón. María do Carme Kruckenberg, a voz cosmopolita, culta e libre da poesía galega = María do Carme Kruckenberg, la voz cosmopolita, culta y libre de la poesía gallega / Xosé Ramón Fandiño.  En: Galegos. Santiago de Compostela : Ensenada de Ezaro. N. 6 (II trimestre 2009), p. 22-31. Sinatura: REV/264.

Kruckenberg, María do Carme. Alegoría do ensoño ferido. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1992. Sinatura: GAL/9.

Kruckenberg, María do Carme. Canaval de ouro. Vigo : Salnés, 1962. Sinatura: BM/567.

Kruckenberg, María do Carme. Cantigas para un tempo esquencido. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, [1986]. Sinaturas: GAL/925, S 869.9-1 KRU can.

Kruckenberg, María do Carme. Jazz espido / Mª do Carme Kruckemberg ; Eva Llorens.  A Coruña : [s.n.], 2000. Sinaturas: EL/1100, EL/1101.

Kruckenberg, María do Carme. Jazz espido / María do Carme Kruckenberg ; debuxos de Eva Llórens. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1999. Sinatura: GAL/8174.

Kruckenberg, María do Carme. Lembranzas da beleza triste / Mª do Carme Kruckenberg. A Coruña : Espiral Maior, 2003. Sinatura: GAL/10662.

Kruckenberg, María do Carme. Os Límites do arreguizo / Mª do Carme Kruckenberg. Culleredo (A Coruña) : Espiral Maior, 2008. Sinatura: GAL/14101.

Kruckenberg, María do Carme. Luz para un novo amencer / Mª do Carme Kruckenberg ; pinturas de Mercedes Lence. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 2004. Sinatura: GAL/11446.

Kruckenberg, María do Carme. O Morto asasinado e outros contos / María do Carme Kruckenberg ; edición e introducción, Mercedes Queixas Zas. Vigo : Galaxia, 2017. Sinatura: GAL/17079 (Sala 1).

Kruckenberg, María do Carme. Obra poética case completa : 1953-1999 / Mª do Carme Kruckenberg. A Coruña : Ediciós do Castro, D.L. 2000. Sinatura: GAL/9072.

Kruckenberg, María do Carme. Parajes inmóviles / María del Carmen Kruckenberg. [S.l.] : [s.n.], 1956 Imp. (Vigo : Gráficas Noroeste). Sinatura: BM/1342.

Kruckenberg, María do Carme. La Piedra, el arte y la poesía / Mª do Carme Kruckenberg. En: El Extramundi y los papeles de Iria Flavia. Padrón (A Coruña): Fundación Camilo José Cela. N. 40 (invierno 2004), p. [35]-39. Sinatura: REV/ 565.

Kruckenberg, María do Carme. Poemas sen resposta / María do Carme Kruckenberg. A Coruña : Espiral Maior, 1999. Sinatura: GAL/8472.

Kruckenberg, María do Carme. A Pulga garimosa / Mª do Carmen Kruckenberg ; [debuxos de Eva Llorens]. Ed. non venal. [S.l. : s.n.], 2000. Sinatura: EL/FOL/1/27.

Kruckenberg, María do Carme. A Sombra ergueita / María do Carme Kruckenberg Sanxurxo ; portada de Laxeiro. Vigo : Castrelos, 1976. Sinaturas: GAL/924 e BM/706.

Kruckenberg, María do Carme. A Voz da auga : primavera – verán – outono – inverno / Mª do Carme Kruckenberg. Cangas do Morrazo (Pontevedra) : Barbantesa, 2010. Sinatura: GAL/16206.

POEMAS de amor : poetisas da xeración do 50 / Luz Pozo Garza, Pura Vázquez, M.C. Kruckenberg ; escolma, Maximino Cacheiro Varela. Santiago de Compostela : Tórculo, 2004. Sinatura: SD 869.9-1 POE.

Queixas Zas, Mercedes. Vivir, unha aventura irrepetíbel : biografía de María do Carme Kruckenberg / Mercedes Queixas Zas. Vigo : Galaxia, 2011. Sinatura: GAL/15600.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *