Marzo en feminino: Hildegart Rodríguez

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

 

Hildegart Rodríguez Carballeira

(Madrid, 1914-1933)

BIOGRAFÍA

Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro, enxendrada xunto cun colaborador fisiolóxico para levar a cabo ideas reformadoras.

A súa educación e instrución respondeu así a un programa elaborado de xeito coidadoso pola súa nai, de xeito que aos once meses falaba, antes dos tres anos lía e tocaba o piano, e aos oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi unha activa membro do Partido Socialista e despois do Partido Federal.

As ideas que mantiña sobre certas cuestións, particularmente nas sexuais, eran moi avanzadas: defendía a instrución sexual desde as escolas, a educación sexual individualizada, a fecundación artificial ou a vasectomía como modelo anticonceptivo.

Cando comezaba a ser coñecida internacionalmente, e ante o intento de separarse do proxecto que a súa nai tiña para ela, o 9 de xuño de 1933 a nai disparoulle catro tiros mentres durmía e matouna. Tiña entón 18 anos e estaba a estudar Medicina, despois de ter cursado tamén Filosofía. Era curmá do tamén neno prodixio Pepito Arriola.

Con ela, desapareceu unha muller intelixente e laureada en certames literarios, correspondente de varios xornais, autora de numerosos libros…

 

 

Materiais na Biblioteca Provincial  sobre a científica:

  • Bravo, Blanca. Historia de un encuentro : Carmen de Burgos y Hildegart / Blanca Bravo. En: Cuadernos Hispanoamericanos. — Madrid : Agencia española de cooperación internacional. — N. 671 (mayo 2006), p. [21]-29
  • Cal Martínez, María Rosa. A mí no me doblega nadie : Aurora Rodríguez : su vida y su obra (Hildegart) / Rosa Cal. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1991. Sinatura: GAL/3906
  • Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1931) (2014. Ferrol). Actas do Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933) : Ferrol, 5 a 8 de decembro de 2014 / Ateneo Ferrolán. A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, 2017. Sinatura: GAL/10919
  • Grandes, Almudena. La Madre de Frankenstein : agonía y muerte de Aurora Rodríguez Carballeira en el apogeo de la España nacionalcatólica, Manicomio de mujeres de Ciempozuelos, Madrid, 1954-1956. Barcelona : Tusquets, 2020. Sinatura: 3A/3626

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *