Marzo en feminino: Begoña Caamaño

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

 

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964-2014)

BIOGRAFÍA

 

Escritora e xornalista galega. Como xornalista, traballou nos informativos de Radio Popular de Vigo, de Radio Noroeste, e desde 1989 nos da Radio Galega, primeiro en Vigo e logo en Santiago.

Presideu o Comité Interempresas da CRTVG, onde destacou por denunciar as manipulacións do propio medio sobre o tratamento dado á información no afundimento do Prestige no 2002.

Ademais colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; foi correspondente de Agencia de Noticias de Galicia e do diario El Sol, tendo escrito tamén nas revistas Festa da Palabra, Silenciada e DeLiberadaMente.

Como escritora, foi autora de obras como Circe ou o pracer o azul e Morgana en Esmelle, polo cal recibeu varios premios. Entre os galardóns que lle foron outorgados, o Premio da Crítica ao mellor libro de narrativa, o Premio ao mellor libro de ficción da  Asociación Galega de Editores, o Premio Antón Losada Diéguez, o Premio Ánxel Casal e o Premio da AELG ao mellor libro de narrativa.

Foi moi coñecida tamén pola súa faceta como activista, que a levou a intervir en accións contra a violencia do xénero, en prol do aborto, do antimilitarismo e da denuncia da catástrofe do Prestige.

Ao seu falecemento fíxoselle unha homenaxe na que se presentou O libro das amigas. De Circes e Morganas, que recolle textos de 24 amigas de Begoña que deixaron constancia da súa actividade como feminista e defensora dos dereitos humanos.

O Concello de Santiago de Compostela nomeouna filla adoptiva en 2019, dándolle o seu nome a un parque da cidade.

Na súa honra creou a Deputación da Coruña no 2017 un premio que distingue a unha persoa, entidade, colectivo ou proposta artística comprometida coa igualdade de xénero desde o ámbito da cultura, na liña da traxectoria dunha «activista feminista» e «defensora dos dereitos das mulleres», nas palabras da entón vicepresidenta Goretti Sanmartín Rey. O galardón leva o nome «Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero».

MATERIAIS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL

  • Caamaño, Begoña. Circe o el placer del azul / Begoña Caamaño ; traducción, José Antonio López Silva. — Vigo : Mar Maior, [2013]. Sinatura: D10585 869.9-31 CAA cir
  • Caamaño, Begoña. Circe ou o pracer do azul. — Vigo : Galaxia, 2009. Sinatura: GAL/15773
  • Caamaño, Begoña. Morgana en Esmelle. — Vigo : Galaxia, D.L. 2012. Sinatura: GAL/12490
  • Ferreiro, Alfredo. Pel con pel / [dos textos Alfredo Ferreiro, Begoña Caamaño … [et.al.]]. — Vigo : Galaxia, D.L. 2010. Sinatura: GAL/16334

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *