María Victoria Moreno, unha muller brava: Obradoiro de radio

Publicado el

A Biblioteca provincial da Deputación da Coruña acolliu o pasado venres 11 de maio, un programa de radio aberto ao público, feito por pequenos e pequenas, arredor da figura da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno A iniciativa forma parte da programación especial da área de Cultura para conmemorar a autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A profesora, a escritora, a amante dos animais, a formadora, a amiga, a loitadora, a muller brava. Moitos son os adxectivos para definir a María Victoria Moreno. Neste programa especial, feito pola mocidade, dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña repasamos a viaxe de paixón pola nosa lingua da autora de Anagnórise ou Mar Adiante, entre outras. E contamos coa presencia en directo da editora de Urco, Andrea Jamardo.
Un programa que puxo o ramo a un obradoiro no que a mocidade tivo a oportunidade de achegarse, dun xeito radiofónico e creativo, á figura da homenaxeada nas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno Márquez.

O Laboratorio de Radio, dirixido polos comunicadores Sergio Pascual e Lucía Abarrategui, foi o proxecto promotor deste obradoiro e será o encargado da realización deste programa no que pequenos e pequenas serán protagonistas ao poñer voz a un guión, feito por unha redacción nova con vontade de espallar a figura de María Victoria Moreno, a través da radio.

Podedes escoitar o programa completo na seguinte ligazón: https://www.ivoox.com/maria-victoria-moreno-unha-muller-brava-audios-mp3_rf_25951211_1.html

Fonte: http://www.laboratorioderadio.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *