Literatura Xuvenil: Lecturas EN(red)ADAS

Publicado el

Dise que coa adolescencia abandónase o hábito da lectura e que un dos motivos principais  é que os mozos dedican a maior parte do seu tempo ao uso das novas tecnoloxías e ás redes sociais.

Pero, isto é totalmente certo? ou, simplemente o hábito queda adormentado?

Na biblioteca pensamos que nunca se abandona do todo, simplemente hai que espertalo recomendando lecturas atractivas. Para iso propoñémosvos unha selección de LECTURAS EN(REDE)ADAS, que presentan historias repletas de avances tecnolóxicos e situacións descoñecidas. Pero aínda así, os seus protagonistas deben enfrontarse a retos humanos; como a amizade, o engano, o amor, o medo, a superación…

Seguro que vos sorprenderán, porque podemos estar conectados en todos os niveis.

 

LECTURAS:

El ordenador asesino de Christian Grenier.

Sinatura: N GRE ord / a

Pode asasinar un computador? Por que, se non, morreron seis persoas diante un OMNIA 3 en menos dun mes? Existe algunha conexión entre esas mortes? Unha moza inspectora de policía está disposta a pescudalo aínda a risco da súa vida, e o resultado das súas pescudas conducirá ao lector a unha arrepiante conclusión: detrás da pantalla ocúltase un adversario tan inesperado como perigoso..

 

 

Bajo el paraguas azul de Elena Martínez.

Sinatura: N MAR baj / m

Ti sábelo, déronche charlas sobre cyberbullying, a ti nunca che pasaría, xa estamos cos rolos de sempre verdade? Iso é o mesmo que pensou Glauca. Que podía pasar se lle mandaba unha foto ao seu noivo se se querían moito? O que non sabía era que o seu noivo pasaríalla a Andrea. E Andrea, que a odia con toda a súa alma, compartiríaa con máis xente e subiríaa a internet. E na internet, a túa vida deixa de ser túa ao instante. Pero Andrea non contaba con que, cando Glauca estaba a piques de tirar a toalla, alguén non se cansaría de loitar por ela… e ofreceríalle un paraugas azul.

 

 

INBOX de Care Santos.

Sinatura: N SAN inb / m

Na EbiblioDaCoruna: Inbox

“Son Alexia, teño 16 anos, quero ser escritora e son o seu maior admiradora sobre o planeta Terra. Os seus libros cambiaron a miña vida por completo, ou me cambiaron a min, ou o cambiaron todo…”

Con esta mensaxe de correo electrónico dirixido ao enigmático escritor Benedict Woodward, comeza a relación entre estes dous personaxes. E como di a mesma Alexia: non é unha historia como as demais, porque nada é o que parece.

 

 

Nick de Inma Chacón.

Sinatura: N CHA nic / m

Dafne está namorada dun mozo do seu barrio, pouco recomendable. Coa axuda da súa curmá, atopará a maneira de interesarlle: creando un perfil falso en facebook, do que el non poida senón namorarse. Pero entón comezan a suceder cousas inesperadas: alguén máis se interesa por ese perfil falso, alguén que claramente non ten boas intencións e que se oculta tras a súa Nick. Comeza unha persecución, un perigoso xogo do gato e o rato, entre dúas persoas que non se coñecen na realidade… ou quizais si?

 

 

O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.

Sinatura: N COS cor / a

Na EbiblioDaCoruna: O corazón de Xúpiter

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo.

 

El fin y otros inicios: Historias desde el futuro de Veronica Roth.

Sinatura: N ROT fin / m

NON HAI DOUS MUNDOS IGUAIS.

Nesta antoloxía preséntansenos historias repletas de avances tecnolóxicos e seres descoñecidos. Aínda así, os seus protagonistas aínda deben enfrontarse a retos moi humanos; como a amizade, a ansiedade ou a vinganza.

 

 

 

Valkiria: Game over de David Lozano.

Sinatura: N LOZ gam/ m

Unha mensaxe no móbil. Un remitente descoñecido. A ameaza de que se non entras no xogo, un vídeo comprometedor chegará á persoa menos adecuada. A túa relación, o teu mundo e mesmo a túa propia vida están en perigo. Tes medo. Valkiria elixiuche. Non podes escapar.

 

Podes descargar a guía aquí: Lecturas enREDadas. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *