Lima, la sin lágrimas

Publicado el

“No es, en conjunto, el recuerdo de sus terremotos derribando catedrales, ni las estampidas de sus mares frenéticos, ni la ausencia de lágrimas en áridos cielos que jamás llueven; ni la visión del ancho campo de agujas inclinadas, bóvedas desencajadas y cruces desplomadas (como penoles inclinados de flotas ancladas), ni sus avenidas suburbanas de paredes caídas unas sobre otras, como un castillo de naipes hundido; no son solo esas cosas las que hace de Lima, la sin lágrimas, la ciudad más extraña y triste que pueda verse”

Herman Melville: “Moby Dick”

 

 

Quizais foron estas as liñas de Herman Melville en Moby Dick polas que César Antonio Molina se decidiu titular “Lima, la sin lágrimas” a súa última obra. Unha obra que nos traslada, que nos leva de viaxe sen movernos do asento. Unha viaxe pola que nos adentra no corazón da cidade de Lima. Pero non viaxamos en clase turista: o autor lévanos da súa man e da de moitos outros escritores, poetas, pensadores… nun percorrido único pola historia e a cultura da cidade.

César Moro, poeta e pintor peruano cualificou a Lima como “a horrible”, un adxectivo do que César Antonio Molina mostra a súa desconformidade. Como pode ser horrible unha cidade chea de vida, cuxo centro histórico é Patrimonio da Humanidade? Porque o noso escritor é un viaxeiro incansable, que sabe atopar a beleza alí onde o ollo menos avezado só ve un conxunto de rúas, sabe observar a literatura nos seus teatros, a poesía nos seus balcóns e a filosofía nos seus centros culturais.

César Antonio Molina sabe que unha cidade non só se mira, e que, aínda que Lima é fermosa, é necesario, ao percorrela coa mirada, reconsiderar o lugar polo que transitamos: saber ver o paso da historia que se nos mostra, e á vez permanece oculta en cada volta; a cultura que crearon as xentes que inundaron a metrópole ao longo dos tempos. Recoñecendo cada recuncho, cada librería, cada barrio, este libro déixanos un resaibo a ceviche e caucáu, a prosa e poesía, a fusión entre tradición e modernidade.

Porque Lima é unha cidade que chama á escritura, cidade de ceos grises, que inspira á melancolía, ese estado de ánimo que nos é tan propio por estas terras e por aquelas. Unha cidade que está presente na literatura, e que soubo chamar a atención de escritores autóctonos e foráneos, cos que César Antonio Molina nos leva de viaxe nun paseo cultural incomparable.

Lembrámosche que todos os libros de César Antonio Molina e Mercedes Monmany, así como toda a súa biblioteca e o seu arquivo persoal están á túa disposición na Biblioteca da Deputación, consultables cita previa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *