Libros disfrazados

Publicado el

Este venres día 1 comezan as celebracións do entroido na maioría dos concellos, e desde a Biblioteca sumámonos con esta divertida proposta: os “libros disfrazados”.

No andar de Préstamo e Información tes unha selección de libros que che ofrecemos “disfrazados”. Non poderás ver o libro, pero sí tes unha pista sobre o xénero ao que pertence e outra sobre o título en cada un deles. Elixe o que máis che guste, lévao en préstamo, e se cubres a papeleta de participación e a metes no buzón entrarás no sorteo dun lote de material promocional da Biblioteca.

Podes participar entre o día 01/03/2019 e o 08/03/2019. O sorteo realizarase elixindo un número de xeito aleatorio entre todos os participantes na proposta que deixen a papeleta de participación no buzón, o luns día 11/03/2019 ás 12:00 h na Biblioteca.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *