Long Play

Publicado el

Long Play /Lois Pérez (GAL/17022)

» Long Play » soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de » jukebox de autoxeografía » . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da » twitteratura » a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a » aritmética beatle » : letras tristes + alegres melodías.

Pequena mostra da actual riqueza poética en lingua galega no recuncho #poesíagalega #BDRecomenda#poemas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *