Franz Kafka : debuxos

Publicado el

Franz Kafka : dibujos / edición a cargo de Niels Bokhove y Marijke van Dorst (3R/2623)

«Podo decirvos o nome dun gran artista, Franz Kafka». Max Brod

A faceta de debuxante de Kafka e a súa temperá vocación polo debuxo xurdiu, segundo conta o editor da edición orixinal, Niels Bokhove, ao contemplar no escaparate dunha tenda dous cadros que lle deixaron unha forte impronta. Este sinálanos un significativo exemplo da función das artes plásticas na prosa de Kafka, a figura do pintor Tintorelli en «O proceso», en quen proxectaba o su ideal de converterse nun escritor recoñecido. Pese a que polo xeral se relacionan co seu universo literario, moitos dos cuarenta debuxos que se presentan nesta orixinal edición son bocetos dos seus días de estudante, acompañados por un fragmento de texto específico do autor. O proceso de asignar as pasaxes da obra de Kafka a cada un dos debuxos, recompilados por Max Brod, distingue dous tipos de fragmento: por un lado están os que acompañaban orixinalmente aos debuxos, e doutra parte aqueles que foron escollidos da obra completa de Kafka e que intensifican o debuxo e á inversa. Tan inclasificables como a súa literatura, estes debuxos conducen á mesma discusión sobre se cabe ou non considerar a Kafka expresionista. Ante isto, preferimos quedar coa cita de Brod: «Podo decirvos o nome dun gran artista, Franz Kafka». «O seu pensamento construíase en forma de imaxes». Max Brod.

#kafka #debuxos #arte #literatura

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *