GAL/17587
Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
Este libro, Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), escrito por Henrique Alvarellos, é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.
UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES