Día das Letras Galegas 2020

Publicado el

Aínda que, como xa sabedes, a celebración institucional para homenaxear a Ricardo Carballo Calero se vai trasladar ao 31 de outubro, o 17 de maio segue a ser o día de referencia para conmemorar a efeméride, e desde a propia Real Academia Galega instan a aproveitar as ferramentas dixitais para facelo.

Desde a Biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión de facer a nosa pequena contribución na data sinalada. Estas son as iniciativas que preparamos para conmemorar xuntos este día:

 

  • Carrusel de libros na EbiblioDaCoruna con lecturas sobre o homenaxeado esta edición e outras anteriores. Podes acceder a eles coas túas claves da EbiblioDaCoruna AQUÍ. Máis de 90 obras dispoñibles!

 

 

  • Actividade literaria para todos os membros do Club de lectura virtual o día 17 de maio (lembra que podes entrar libremente e de balde coas claves da EbiblioDaCoruna): os versos e a poesía de Ricardo Carballo Calero.

 

 

 

  • A miña palabra favorita! Enquisa nas redes sociais Twitter e Instagram sobre a túa palabra galega favorita de varios campos semánticos. Todos os días iremos facendo unha enquisa nas redes, e o domingo 17 publicaremos os resultados coas máis votadas.

 

  • Bookfacefriday especial Letras Galegas. Coñeces os Bookfacefriday? Trátase de tomar unha fotografía combinando a portada dun libro con persoas reais. A fotografía deste venres 15 irá dedicado ao homenaxeado.

 

Invitámoste tamén a que entres nesas dúas redes sociais para ver o resto de #bookfacefriday da Biblioteca, velaquí unha mostra:

 

 

  • E ti de quen vés sendo? Especial Letras Galegas. Segues os nosos #Etidequenvessendo? A adiviñanza nas nosas redes sociais sobre unha personaxe literaria que facemos todas as semanas de luns a venres, orientámola nesta semana das Letras do 11 ao 15 a unha personaxe relacionada con Galicia. Estade atentos! Aquí vai a primeira pista, seguide o resto nas redes sociais:


 

 

  • Sabedes que estas Letras Galegas 2020 vémonos na obriga de celebralas coas portas pechadas, pero sempre moi preto dos nosos usuarios. JuanFran Pazos Seoane compuxo este precioso poema que compartimos neste día tan especial para a nosa lingua:

 

  • Presume de país, presume de lingua, presume de música.

No noroeste da Península Ibérica hai unha terra rodeada de mar, ríos cidades e aldeas onde viven mais de dous millóns de persoas cun nexo en común, o galego. Unha lingua que alcanza o “Rexurdimento” en 1863 con Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885) onde a poeta reivindica o idioma propio e honra ao pobo que o fala. O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, en conmemoración do centenario da primeira publicación deste poemario. Por iso, aínda que esta edición esté dedicada a Ricardo Carballo Calero, non podemos esquecernos da orixe da celebración na primeira edición deste libro.

Campanas de Bastabales

cando vos oio tocar

mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar

campaniñas, campaniñas,

sin querer torno a chorar.

 

Aos poemas de Rosalía púxolle música o leonés Amancio Prada en 1975. Como di o cantautor: “Tenía entonces diecinueve años cuando conocí de verdad la obra poética de Rosalía. Viviendo en Castilla, sentí por primera vez la nostalgia de la tierra, el extrañamiento del aire, airiños aires, a través de sus versos. Casi sin darme cuenta, empecé a oír dentro de mí la música de aquellos versos y a cantarlos. Era como abrir el pecho y desahogarse.”

Tres anos antes en 1972 nacía Fuxan Os Ventos nas San Lucas de Mondoñedo, dando comezo unha carreira de grandes éxitos e concertos pola xeografía española e europea (participación en dúas ocasións no Festival Intercéltico de Lorient). En 1979 chega o seu gran éxito: Sementeira chegando os cen concertos en un ano.

Sementar sementarei,

loguiño de clarear,

en tanto no pobo medre

un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro

que fale na lingua nai,

que suba aos pexegueiros

a frota verde roubar.

Un vello que dea consellos,

un rostro de fume e pan,

que conte contos aos nenos

do cuco e o paspallás.

 

Por Fuxan Os Ventos pasaron ata trinta persoas. A última actuación en directo foi en 1989. No ano 2009 presentan en Compostela o seu último disco Terra de Soños, un CD-DVD que recolle os seus temas clásicos gravado en outubro de 2008 no Auditorio de Galicia e dispoñible na Fonoteca.

A pegada que deixa a discografía de Fuxan Os Ventos é moi importante porque configura unha parte da memoria cultural da historia contemporánea de Galicia.

 

Ademais, cando poidamos volver abrir con seguridade, poderás consultar os nosos fondos físicos sobre o autor homenaxeado, se tes interese:

 

E lembra que podes atopar información, fotografías, arquivos sonoros e moito máis sobre o homenaxeado este ano na web do Consello da Cultura Galega e tamén na da Real Academia Galega. Ademais, Biblioteca Virtual Galega preparou un especial sobre a vida e obra do autor, acompañado dunha escolma de textos, unha extensa galería de fotos e unha selección de vídeos que poderás ver aquí: Especial Letras Galegas 2020.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *