Letras Galegas 2019

Publicado el

Programación para o día das Letras Galegas 17 de maio de 2019, que este ano está dedicado ao historiador, etnógrafo e investigador de Cotobade Antonio Fraguas.

Debido a que é festivo da Comunidade, e polo tanto a Biblioteca permanecerá pechada, os actos conmemorativos terán lugar o día 16 de maio.

 

ENCONTRO CON INÉS FERNÁNDEZ

16/05 entre as 17:30 h e as 19:00 h.

Encontro literario coa escritora de “Mis hijas me devolvieron la vida”, obra que comentaremos durante o encontro.

Sala César Antonio Molina da Biblioteca. Entrada libre.

 

ENTREGA DOS PREMIOS #140ENPOSITIVO

16/05 ás 19:00 h.

Acto de entrega dos premios do VIII Concurso #140enpositivo de fomento da creación literaria, da lectura e do pensamento positivo, no que tamén leremos os traballos premiados.

Ademais dos galardoados, todas as persoas que participaron no concurso e que asistan levarán un pequeño agasallo da Biblioteca.

Peche do acto con unha pequena intervención musical do gaiteiro Raúl Galego García.

Sala César Antonio Molina da Biblioteca. Entrada libre.

 

OBRADOIRO ARTESANAL EN PAPEL

16/05 entre as 18:00 h e as 20:00 h.

Realizaremos recortables sobre a moda e complementos da vestimenta tradicional galega. Aberto para todas as idades. Ao finalizar poderemos facernos fotografías no photocall. Os menores de 7 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

Vestíbulo da Biblioteca. Entrada libre.

 

PUNTOS DE LECTURA LETRAS GALEGAS

13/05 a 20/05

Na Sala de Préstamo e Información está dispoñible para o préstamo un punto con obras do homenaxeado Antonio Fraguas.

Na plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna, está dispoñible un carrusel de lecturas destacadas en galego.

 

MOSTRA ANTONIO FRAGUAS

13/05 a 20/05

No vestíbulo da Biblioteca está instalada unha vitrina de exposición dedicada ao homenaxeado, e nos paneis expositores da escaleira principal, varios carteis informativos sobre Antonio Fraguas. Pódese desfrutar durante o horario de apertura da Biblioteca.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *